A viguesa que ensina galego a universitarios en Varsovia

vigo

Ana Garrido, licencia en Filoloxía Galega, é lectora de galego na Universidade de Varsovia. Cada ano forma a dezasete alumnos na lingua.

a.baena. vigo

Publicado: 13 nov 2019 - 00:24

Ana Garrido, na súa charla onte sobre as “Viúvas de vivos”.
Ana Garrido, na súa charla onte sobre as “Viúvas de vivos”.

“O seu concepto é diferente, non teñen filoloxía, teñen Iberística e alí estudan lingua e literatura castelá e portuguesa, e poden elixir entre catalán, éuscaro ou galego; cada curso, uns dezasete alumnos cursan galego; non teñen complexos, xa se formaron na escola en francés, inglés ou alemán e buscan cousas novas”.

Afirma que la literatura galega esperta moito interés: “Chaman a atención os escritores do exilio e o máis actual, incluso autores que aquí non chegan ás Universidades; unha compañeira que imparte unha asignatura de sobre xénero traballa con obras de María Reimóndez”.

Despois de chegar como lectora de galego, desenvolveu dende alí a súa tese sobre as viúvas de vivos na literatura galega e a representación da ausencia e da nación. “É preocupante que tivera que ir a facela alí, déronme tódalas facilidades, bolsas e traballo; dende aquí non podería ter chegado as mesmas conclusións, por iso a literatura do exilio é importante, porque ve Galicia dende fóra”.

Garrido foi onte a ponente invitada no Centro de Documentación e Recursos Feministas para falar do seu estudo. Analizou a presenza do tratamento das viúvas de vivos (mulleres de homes migrados) dende Rosalía ata Xohana Torres: “Xunto á visión oficial da muller galega, traballadora, dura e sacrificada, unha metáfora da propia terra, descubrín que tamén se pode seguir a construcción cultural alternativa que beben dos textos de Rosalía, son os das Irmandades e os dos exiliados, aquí pasan a ser tolas e bruxas, unha muller que no pode soportar a situación de soidade, que se une coa figura da muller represaliada, deixan claro a orixe do seu mal”.

Chega entón Xohana Torres, a única muller do círculo de Galaxia, “non a entenderon, é unha escritora que aínda hai que reivindicar”, di Garrido: “A viúva de vivos, é tamén orfa, non cae na tolemia, busca outra saída”. A literatura evolúe así en parello a propia sociedade.n

Contenido patrocinado

stats