“Teño unha visión crítica da cidade, é espazo hostil”

vigo

A. BAENA. VIGO

Publicado: 20 sep 2020 - 03:10 Actualizado: 20 sep 2020 - 17:41

Alberto Pereira, con “Fragmentos”.
Alberto Pereira, con “Fragmentos”.

nnn Convidado polo colectivo FVCK, o fotógrafo Alberte Pereira presentou onte o seu libro, “Fragmentos” na galería Apóstrophe.

Chega a presentación con case toda a tirada vendida.

É unha autoedición, fixemos un lanzamento en redes antes da impresión e xa temos reservado o 70%. A primeira intención era editar cen exemplares, pero se vendeu todo, polo que fixemos 50 máis.

Que se atopa en “Fragmentos”?

É fotografía da rúa, mais tamén na rúa. Trátase dunha visión crítica do espazo urbano dende a miña experiencia como veciño do rural, vivo no Rosal. Utilizo dous formatos: un en horizontal onde aparecen persoas anónimas todas de costas, presento as cidades como espazo hostil. Xogo coa presenza-ausencia e no formato cadrado que simboliza opresión amoso a cidade como territorio.

Que cidade retrata?

Están feitas entre 2016 e 2019 en moitas cidades, as máis achegadas Porto, Viana, Vigo, Santiago ou Coruña, e tamén outras ás que viaxei (Bucarest, Milán). Non están identicadas, porque todas son moi parecidas, non están pensadas para las persoas, son para os comercios e o turismo.

Terá continuidade?

“Fragmentos” está fechado, pero sego facendo a contorna urbana. En outubro presento a exposición “Ángulos mortos” en Sargadelos, onde amoso a cara B das cidades.

Por que a fotografía?

Disfruto moito, como non vivo dela, teño liberdade plena.n

Contenido patrocinado

stats