Rochi Nóvoa: Sensual, sexual pero tamén social

“A poesía ten que ser combativa, ten que unir, engaiolar e representar as ideas dun xeito firme, apaixoado, visceral, sen metáforas inescrutables”, sinala

Publicado: 22 may 2020 - 12:10 Actualizado: 22 may 2020 - 14:40
2020052122052535600
2020052122052535600

MaXic” é o novo traballo interdisciplinar de Rochi Nóvoa, no que a poeta fai gala da súa preocupación pola realidade social pero sempre co seu particular tamiz de feminidade e sensibilidade para amosar os seus máis profundos sentimentos.

É un proxecto “moi persoal”, elaborado da man da poeta. Fixeches coas túas propias mans cada exemplar?

Sí. “MaXic” consta de varias partes; os poemas aparecen nun facsímile con ilustracións de Sabela Prada e miñas. Por outra banda nunha pequena carpeta feita unha a unha a man dende o pregado, o troquelado está o cedé e varias ilustracións que debuxei de corpos de mulleres, estas son copias das orixinais, pero van asinadas unha a unha e pintadas con detalles e cores diferentes a man.

Trátase dun cedé-libro. Como explicarías a temática e a necesidade de amosar esta obra?

A temática roza a pornografía (risas), é unha brincadeira pero case, saíndo da zona de confort esta colección de versos é basicamente sensual e sexual, sen deixar de lado a poesía social. Por suposto é a muller a que fala, a que sinte, a que goza.

Como elixiches aos teus colaboradores e por que?

Por afinidade e amizade. Para a gravación de Zenzar e O reverendo marchei a Cerceda, A Coruña, non esquecerei nunca o frío que facía e canto chovía! Con Manuel Carballo ensaiei moitísimo; el púxome o listón moi alto e pretendía que cantara e recitara os temas, ao final fixen trampa, non aturo a miña voz. E con Dani Soldevilla e Puntxa Ribera levamos uns aniños xuntas e nunca deixan de sorprenderme. Discutimos moito pero entendémonos ben.

¿Como te definirías en cuanto a túa arte?

É moi difícil de respostar estas preguntas xa que é cuestión de percepción.

Tento que sexa interdisciplinaria; a poesía ten que ser combativa, ten que unir, engaiolar e representar as ideas dun xeito firme, apaixoado, visceral, sen metáforas inescrutables, tento que sexa unha poesía nutrida nas raices, ás veces crúa pero sempre honesta sen perder a fraternidade. A poesía é unha terapia para min, para poder sobre vivir á contemporaneidade. Son sobre todo nai, filla, amiga, mestra, muller, produtora de ideas, camicace con proxectos culturais, divulgadora da lingua e da cultura, son veciña, son Celestina, soñadora, infantil, rebelde, responsable, positiva amante da vida, cabezona, rosmona, esixente, demasiado clara e sen filtros.

Contenido patrocinado

stats