A RAG analizou en Vigo a poesía das Irmandades da Fala
nnn A Real Academia Galega desprazouse onte a Vigo para celebrar, na Casa Galega da Cultura, unha nova mesa de debate dentro do ciclo "No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos", unha das iniciativas organizadas pola institución para conmemorar o centenario da fundación das Irmandades da Fala. Baixo o título "Unha poética anovadora", contará coas achegas de Xosé Ramón Pena, Chus Nogueira e Miro Villar, que compartirán mesa co académico Xosé Luís Axeitos, que actuará como moderador.
O programa abordou diversos aspectos sobre a poesía das Irmandades da Fala e a súa contribución á conformación da lírica galega do século XX. Ademais de presentar aos intervenientes, Xosé Luís Axeitos introducíu brevemente do atlantismo na poesía da época. O académico presentará dous poemas inéditos de Euxenio Montes e de Xavier Pardo Bedía como proba da importancia deste tema na produción poética deste movemento que foi esencial para a dignificación da lingua e a modernización da cultura galega. "O poema de Montes, dedicado a Manuel Antonio, é de 1922 e o de Xavier Pardo, sen datar, coidamos que é de 1923, cando este autor se traslada a vivir a Compostela", explicou o académico. Axeitos lembrou que o atlantismo foi, xunto co celtismo, conceptos da teoría de Vicente Risco e do grupo Nós.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas