O que a pandemia ensinou en palabras dun mestre

Publicado: 25 jun 2021 - 02:27 Actualizado: 26 jun 2021 - 18:51

Santi Domínguez, entre Carmela Silva e Francisco Castro, na presentació do seu libro.
Santi Domínguez, entre Carmela Silva e Francisco Castro, na presentació do seu libro.

Santi Domínguez, acompañado polo director de Galaxia, Francisco Castro, presentou “Diario dun mestren na pandemia”, onte, na sede viguesa da Deputación, coa presidenta, Carmela Silva como anfitriona.

“Nada é o mesmo dende marzo de 2020”. Así, Santi Domínguez analiza os moitos anos exercendo a docencia, e, como coa pandemia, tivo que parar ao mesmo que o resto. Aí nacéronlle na cabeza, e do corazón, un cento de preguntas sobre o sentido do seu oficio. Realmente estamos educando como debemos? Son tan importantes os contidos?, Non será que esquecemos moitas veces que detrás dun nome nunha lista dunha aula hai un ser humano, ás veces con problemas que non somos quen de imaxinar?", reflexionou o autor. Repasando o acontecido e as reaccións duns e doutros, pretende sacar una aprendizase do acontecido.

Francisco Castro explicou como a realidade da epidemia sérvelle a Domínguez para se mergullar dentro de si, e dende aí, tirar a máscara da comodidade e formularse preguntas comprometidas que tanto lles afectan.

Contenido patrocinado

stats