A nova obra de Fina Casalderrey e Francisco Castro aposta por concienciar os nenos sobre os dereitos infantís
Os autores confían en que as súas historias, aínda que 'duras', susciten entre os seus lectores 'ganas de arranxar o mundo, non de fuxir del'
O novo libro de Fina Casalderrey e Francisco Castro, editado en colaboración con Unicef, consta dunha serie de relatos que reflicten a miseria infantil no mundo. 'Ou neno can' permitirá achegar os máis pequenos a unha realidade 'que moitos nenos do mundo descoñecen', segundo apuntou o presidente de Unicef Galicia, Manuel Sánchez, durante a presentación da obra.
Este libro infantil, publicado pola editorial Galaxia, destinará un 1 por cento das súas ganancias a Unicef. Ademais, foi ilustrado coas imaxes de Patricia Castelao e cada relato péchase cunha frase a xeito de conclusión de diversas personalidades, entre as que se inclúe o pacifista Mahatma Gandhi.
Segundo os autores, o xeito de comunicar as ideas e chegar ao punto de crear 'historias duras pero sen chegar a traumatizar' foi o parte máis dificultoso na elaboración de 'O neno can'. Deste modo, o libro pretende suscitar entre os lectores 'ganas de arranxar o mundo', pero 'non de fuxir' del, segundo apuntou a autora, Fina Casalderrey.
COLABORACIÓN FRUTÍFERA
Este é a primeira vez que Casalderrey realiza unha colaboración deste tipo, a pesar de que 'xa tiña experiencia' en libros colectivos ou gastronómicos'. A este respecto, a autora afirma estar tan contenta co resultado que ao ler as historias 'lle parecen súas' e que 'cando Francisco as le lle parecen súas tamén'.
Pola súa parte, o coautor e editor da obra, Francisco Castro, asegurou sentir tanta felicidade cando Casalderrey lle pediu a súa colaboración na obra como se Messi lle di un de Segunda B que quere xogar unha pachanga' con el.
De feito, recordou o recoñecemento internacional co que conta Fina, non só pola tradución das súas obras senón tamén pola súa candidatura aos Premios Astrid Lindgren.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
¿Por qué se celebra?
28 de diciembre, Día de los Santos Inocentes: de la tradición a las bromas modernas
Fútbol | Torneo de Nadal
Navia decide los ganadores