“A nosa música conecta rápido coa xente; a música de raíz chega ás entrañas”
XURXO FERNANDES Integrante de Radio Cos, que hoxe presenta disco en Vigo
Xurxo Fernandes, xunto a Quique Peón son músicos, mais tamén investigadores etnográficos en Galicia.
Forman Radio Cos e acompañados pola súa banda (Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violín e Xan Pampín no acordeón), presentarán esta noite no auditorio municipal o seu último traballo "Pasatempo", do que Fernandes falou para este medio.
Como vai ser o concerto desta noite?
Será especial porque contaremos con invitados sinalados como os integrantes de O Fiadeiro, que virán a bailar connosco. Temos moita gana e ilusión deste concerto porque nos doce anos que levamos no esceario vai ser a primeira vez que actuamos en Vigo.
Nesta xira xa teñen colgado o cartel de ‘non hai entradas’. Agardaban esta acollida?
Francamente, un nunca se fía ao cen por cen de que o público o siga. Sempre é unha sorpresa encher salas. Pero o certo é que cos anos ímonos facendo con máis siareiros tanto en Galicia como fóra. Os temas que tocamos conectan rápido coa xente. A música de raíz chega ás entrañas.
No seu novo disco, ‘Pasatempo’, fan un guiño ao sonado parque de Betanzos. É unha homenaxe á localidade?
Máis que a Betanzos, é unha metáfora á música tradicional galega e o que lle acontece: coma o parque sufríu durante anos a invisibilidade, sen que ninguén lle fixera caso; ao tempo foi resultado dunha ilusión dun indiano que quería amosar no seu pobo as marabillas que se atopara polo mundo, reproducindo construccións e esculturas. Neste disco, nós quixemos facer unha mestura das músicas tradicionais doutros países que fomos coñecendo ao longo destes anos.
En tódolos seus temas conviven as vertentes tradicional e folk?
Aquí enténdese por folk unha música arranxada, pero non todo. Facemos folk e tradicional, pois nos basamos no popular, pero tamén é folk porque logo a arranxamos. É difícil etiquetarnos.
Como foi o paso polo Womex?
Moi ilusionante. Fomos o grupo seleccionado para representar a Galicia e ao Estado español. Foi unha oportunidade para amosar a nosa tradición e para nós, un trampolín co que nos dar a coñecer.
Sairon novos proxectos a partir deste cita?
Levamos anos viaxando por Europa, pero co Womex abríronse portas noutros países como Malasia, Canada ou Estados Unidos.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último