“Non se me ocorren mellores compañeiros; son moi fan de Touriñán e de David”

LEDICIA SOLA, XOSÉ A. TOURIÑÁN E DAVID AMOR Protagonistas do triángulo amoroso de “Amigos ata a morte”

Ledicia Solla (L), Xosé Touriñán (T) e David Amor (D) chegan a Vigo este sábado con "Amigos ata a morte". Unha comedia da que os tres falan para Atlántico.

ANA BAENA. VIGO abaena@atlantico.net

Publicado: 15 oct 2015 - 11:41 Actualizado: 16 oct 2015 - 11:13

Touriñán, Ledicia Sola e David Amor protagonizan unha comedia romántica.
Touriñán, Ledicia Sola e David Amor protagonizan unha comedia romántica.

Cal é o personaxe de cada un e cal é a súa responsabilidade nesta historia?

L: María coñeceu a Ángel e a Nacho na universidade, fixeronse inseparables e foron os mellores amigos durante eses anos. Ela está casada con Ángel pero quéreos moito ós dous. Nacho e Ángel enfadáronse e agora María séntese responsable e ademáis está nun momento clave da súa vida no que necesita que os tres volvan ser os mellores amigos, coma sempre.

T: O meu personaxe é Ángel, non é responsable de case nada do que pasa na obra, pero todo remata salpicándoo e tocándolle a el. Exerce como sufridor, aguanta os golpes dos outros dous personaxes.

D: Eu son Nacho. E penso que esta personaxe, responsabilidade ningunha....pero porque é un irresponsable total!!

Como definen esta comedia, "Amigos ata a morte"?

L: Inxeniosa, frenética e sorprendente. Ademáis ten un toque de humor negro que é moi divertido.

T: Como dí Javier, é unha comedia total. Unha obra onde te estás rindo unha hora e media. Aínda que non só se tocan temas cómicos.

D: Para min un reto, estar nun teatro, con compañeiros, cun texto que non é meu....pois iso, reto. Para o pública espero que sexa moi divertida, que é a esencia da comedia non?

No caso de Ledicia, Xosé e David, son ciumentos na vida real? Por quen apostarían nun conflicto semellante: polo amigo ou pola parella?

L: Eu non son ciumenta sempre e cando non me dean motivos.E aposto pola parella, sempre.

T: Eu creo que non... Ou só o xusto e necesario. O de apostar, como bo galego: depende.

D: Hai que apostar pola parella sempre, se non apostas por ela e porque non queres que sexa a túa parella, así que mellor ir de cañas co amigo.

Os tres proceden de fórmulas de espectáculo diferentes. Cómo se leva un proxecto onde son tres sobre o esceario?

L: Estupendamente. Estou desfrutando e aprendendo moito. A responsabilidade é compartida, e non se me ocorren mellores compañeiros para esta aventura. Eu son moi fan de Touriñan e de David.

T: Para min é moito mellor isto. Por compartir, por xogar, polo traballo en equipo. Desfruto moitísimo con Ledicia, David e Javier.

D: Estouno vivindo con moita xenerosidade por parte dos meus compañeiros. Moi agradable compartir esta responsabilidade con eles.

Van representar polos principais teatros galegos, como se presenta a xira?

L: Con ganas de que a xente o pase ben,que boa falta fai. E con moita ilusión, desexando ver como reacciona o público.

T: Pois despois da preestrea de Noia a expectación é maiúscula. Iamos facer unha función e tivemos que facer tres pola cantidade de público.

D: Pois con ilusión. Da xente recibo que ten ganas de vernos noutros rexistros, e coido que este proxecto vainos traer grandes alegrías.

Teñen algún plan para realizar en Vigo despois de que se baixe o telón do teatro?

L: En principio cear, seguro e desfrutar da cidade. Aceptamos suxerencias.

T: Non sabe, non resposta. Non se pode contar nada.

D: Pois un clásico....haberá que tomarlle algo non?n

Contenido patrocinado

stats