O Museo de Pontevedra devolverá as obras roubadas polos nazis

vigo

Publicado: 12 dic 2020 - 02:30 Actualizado: 13 dic 2020 - 02:50

César Mosquera e Xosé Manuel Rey amosaron as dúas obras localizadas.
César Mosquera e Xosé Manuel Rey amosaron as dúas obras localizadas.

nnn Unha “dolorosa” e un “ecce homo” espoliados en Polonia durante a ocupación nazi da II Guerra Mundial foron atopadas nos fondos do Museo de Pontevedra. Atribuídas ao pintor holandés Dieric Bouts, chegaran a través da colección Fernández López, mais a división de rastrexo de bens espoliados do Ministerio de Cultura polaco identificounas como parte das obras roubadas. Ante isto, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, anunciou onte serán que ámbalas dúas devoltas aos seus lexítimos propietarios “con orgullo e por reparación histórica” logo de coñecer a súa escura orixe.

A identificación como bens espoliados xurdiu durante o confinamento cando o Departamento de Patrimonio Cultural do Ministerio de Cultura e Patrimonio Nacional de Polonia, contactou co Museo para interesarse polo díptico. Segundo a documentación que aportaba, as dúas pezas pertencían á Colección da Princesa Czartoryski en Gołuchów que fora roubada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. Ambas pinturas, tras saír de Varsovia en 1944, reapareceron no comercio de arte de Madrid en 1973. Descoñécese como chegaron a mans de Fernández López, cuia colección mercou o Museo en 1994.

Facendo fincapé no Museo, o seu director, Xosé Manuel Rey, explicou que antes da súa devolución serán expostas en Pontevedra en xaneiro.n

Contenido patrocinado

stats