O medrar de Vigo a través da vida da familia Portela
VIGO
Noa Pérez González (Vigo, 1978) estrenouse como novelista con "O ocaso da familia Portela", a súa ópera prima que onte presentou en Librouro. "É a historia dun clan orixinario do Rosal que viven en Vigo; é afín ao réxime franquista", explica a autora. Ao longo de tres xeracións, dende os anos anteriores á guerra civil ata os setenta, fai un percorrido cunha cidade que medra e se transforma como escenario da trama. "Fundamentalmente é unha historia intimista que aborda os sentimentos, os medos e as valentías dos protagonistas; como trasfondo están outros aspectos máis diluidos, entre eles o histórico", puntualiza Noa.
Os feitos son ficticios e os personaxes saídos do maxín da escritora, mais recoñece certa recreación da realidade: "Inspireime en moita xente, en vivencias e anécdotas familiares, hai moito da miña avoa e da miña nai nestas páxinas". Os Portela transitan por O Rosal, onde Noa pasou parte da súa nenez, e tamén polas rúas de As Travesas, barrio onde naceu a autora.
Trátase dunha novela curta, a primeira incursión neste xénero para unha escritora de relatos y contos. Confiesa que "non teño previsto escribir unha segunda parte, aínda que moitos que xa a leron dín que sinten a necesidade dunha continuación". Leva inmersa no seu seguinte proxecto algo máis dun ano: unha historia sobre a casa das baleas, unha narración inspirada na vida do persoal dunha nave situada a carón da factoría Massó, en Bueu.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Mundial 2026
“Desde la previa, allí todo es un espectáculo”
Tenis en silla
De la Puente arrasa
Feria del Libro
Y así nació el Vigo moderno