O Marco "exténdese" ata o museo de Burdeos
vigo
A exposición "Álbum" chega ao centro contemporáneo francés
O Museo de Arte Contemporánea de Burdeos (CAPC) comezou coa exposición "Álbum", coproducida co Marco de Vigo. "Álbum" reúne un grupo de traballos de Gintaras Didžiapetris, xunto con obras de Elena Narbutait e Rosalind Nashashibi, invitadas polo artista para formar parte deste proxecto. O título da exposición xoga co termo ‘albúmina’, método de impresión fotográfica inventado en Francia no século XIX, que utilizaba claras de ovo para transferir as imaxes dos negativos fotográficos ao papel, e que se convertiu nunha técnica de reprodución de imaxes amplamente utilizada durante a segunda metade do século XIX.
De xeito similar a un álbum, a exposición funciona como un conxunto de imaxes dispostas ao longo da galería, convertida nun espazo aberto sen paredes divisorias. Os visitantes poden así camiñar a través dun espazo que Didžiapetris concibiu a modo de abanico, como un dispositivo que permite abrir e mostrar todas as imaxes ao mesmo tempo, cun simple xesto da man. A mostra do CAPC supón unha nova interpretación do proxecto de Gintaras Didžiapetris, que se presentou en dúas versións anteriores en Pavilion Leeds (2014), e o Marco (2015), baixo o título Audi Fantasy e Port Authority , respectivamente. A exposición no Marco tivo lugar entre o 6 de febreiro e o 17 de maio. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último