A “Mafia artística viguesa” está de regreso con Rompente

Reixa, Romón e Avendaño volven compoñer 38 años despois da súa disolución con Antón Patiño, Menchu Lamas e Julián Hernández

Publicado: 12 jun 2021 - 02:11 Actualizado: 15 jun 2021 - 13:22

A presentación de “Que hostia din os Rumorosos?” tivo lugar na contorna de Librouro onde todo comezou.
A presentación de “Que hostia din os Rumorosos?” tivo lugar na contorna de Librouro onde todo comezou.

Volve Rompente coa súa poesía máis contestaria e fano pola porta grande, con novo libro e unha xira de rectais por oito localidades. “Cando o deixamonos no 83 foi porque estabamos incómodos co panorama literario de Galicia, era un unha especie de ‘establishment’ co que nos identificábamos”, di Antón Reixa, integrante do colectivo con Romón e Avendaño, quen tamén considera superada esta situación. “Despois de 30 anos fóra, regreso a Vigo e alguén di que estes tres gichos teñen que xuntarse, fixémolo e tiña sentido”.

Así chegou un retorno que ía ser puntual durante a novena edición do festival Kerouac: “Foi fácil, descubrimos a mesma ilusión coa que recitábamos nos setenta”, afirmou Romón, a quen lle sorprendeu a reacción da mocidade.

Onte Rompente presentou o seu novo traballo, onde estiveron acompañados por Julián Hernández, un “histórico vigués”, que prologou a publicación e os artistas Menchu Lamas e Antón Patiño quen iluminan os escritos, “a nosa mafia artística”, presenta Reixa. Pensamentos, reflexións, análises, experimentos narrativos, prosa, poesía e dramaturxia combinanse nun libro, da Editorial Elvira, concebido como un fanzine de luxo, con tres cores dominantes: rosa, branco e negro, “un collage creativo”. Todo baixo o título “Que hostia din os Rumorosos?”, que adianta a liña do que segue: “So dous países contan cun himno que comeza por unha pregunta, Galicia e Estados Unidos, unha é unha potencia e outra preténdeo; urxe un cumio entre Biden e Feijóo”, bromeaba Reixa. Nunha sociedad totalmente diferente, Rompente asegura “traballar con liberdade, somos independentes, pero tamén traballamos xuntos”. O colectivo sairá de xira en outono co seu recital dentro do Xacobeo.

O REGRESO Á CONTORNA DE LIBROURO

A presentación de “Que hostia din os Rumorosos?” tivo lugar na contorna de Librouro onde todo comezou. Contou cun convidado de luxo, Julián Hernández, de Siniestro Total que colleu o ton do colectivo cun prólogo no que experimenta coa narrativa e esquece o políticamente correcto.

A ALEGRÍA DOS ANOS 70

A ALEGRÍA DOS ANOS 70
A ALEGRÍA DOS ANOS 70

Antón Patiño e Menchu Lamas uníronse ao regreso de Rompente coa proposta gráfica do novo libro. Formaban parte da mafia artística que xuntaban en Librouro para dar renda solta á creatividade. “Queremos volver á alegría dos anos 70”, afirma Lamas.

Contenido patrocinado

stats