Lista con todos os nominados aos Premios Mestre Mateo 2026
Premios Mestre Mateo 2026
'Antes de nós', 'As liñas descontinuas' e 'Sirāt' acumulan o maior número de candidaturas nos Premios Mestre Mateo 2026, que se entregarán a finais de marzo en Lugo
A película 'Antes de nós', centrada na figura de Castelao, lidera as nominacións aos Premios Mestre Mateo 2026 con 18 candidaturas, entre elas a de Mellor longametraxe, Mellor dirección e Mellor guion. Destacan tamén as candidaturas interpretativas de Cris Iglesias como actriz protagonista e Xoán Fórneas como actor protagonista.
As seguintes con maior número de opcións de levarse algún galardón son 'As liñas descontinuas' e 'Sirāt', con 11 nominacións. A actriz Andrea Varela e o presentador Juan Fuentes anunciaron este martes a lista con todos os nominados nun acto celebrado no centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo. A entrega de premios será o próximo 21 de marzo en Lugo, por primeira vez na historia. Conducirán o evento a actriz Trisha Fernández e o humorista Federico Pérez.
Lista con todos os nominados aos Premios Mestre Mateo 2026
Mellor Interpretación Masculina de Reparto
- Adrián Ríos por 'Antes de nós'
- Miquel Ínsua por 'Antes de nós'
- Nancho Novo por 'Antes de nós'
- Tatán por 'San Simón'
Mellor Maquillaxe e Perruquería
- Chicha Blanco e Lorena Calvo por 'Antes de nós'
- Fani Mosqueira por 'O Home Perfecto'
- Sonia García por 'As liñas descontinuas'
- Sonia García e Silvia Neira por 'San Simón'
- Zaira Eva Adén por 'Sirāt'
Mellor Música Orixinal
- Kangding Ray por 'Sirāt'
- Santi Jul, Iván Laxe por 'Bibopalula'
- Sofía Oriana por 'Antes de nós'
- Xavier Bértolo por 'As liñas descontinuas'
Mellor Anuncio Publicitario
- 'Ao Noroeste Do Oeste' de Undodez e Medio Limón
- 'Gadis. Compartimos La Vida' de Congo Producciones
- 'Hematofesti 2025 - Festival de Humor e Literatura Infantil' de Manu Viqueira
- 'Historia que nos impulsa' de Undodez e Real Club Deportivo
Mellor Vestiario
- Aránzazu Domínguez por 'Antes de nós'
- Fede Pouso por 'Mi Ilustrísimo Amigo'
- Nadia Acimi por 'Sirāt'
- Uxía Vaello por 'San Simón'
Mellor Videoclip
- 'Ferido' (O Xoán) de Fran Fórneas, Irene Montes e Xoán Fórneas
- 'Hibernarse - O Videofilme' (Fillas de Cassandra) de Fillas de Cassandra, Santi Iglesias, Sergio "Steel" e Tremendo Audiovisual
- 'Non cho podo dar' (Sabela e María Escarmiento) de Sabela
- 'Ontes fun moi malo' (Grande Amore) de Ernie Records, Nuno Pico, Xaime Miranda
Mellor Realización
- Diego Guerrero, Marcos Estebo e Breixo Llano por 'Cos Pés Na Terra'
- Marcos Nine por 'Historias de Aquí'
- Miguel Gomar por 'Raíña-me!'
- Simone Saibene por 'Cinephilia'
Mellor Interpretación Feminina de Reparto
- Desiré Pillado por 'O Home Perfecto'
- Isabel Naveira por 'Lume'
- Luisa Merelas por 'Antes de nós'
- Victoria Teijeiro por 'Antes de nós'
Mellor Guión
- Alberto Vázquez e X. Manuel Ruiz por 'Decorado'
- Anxos Fazáns e Ian De La Rosa por 'As liñas descontinuas'
- Oliver Laxe e Santiago Fillol por 'Sirāt'
- Pepe Coira por 'Antes de nós'
Mellor Serie Web
- 'Alucinema' de Kraken Media
- 'Bechos' de Undodez para Televisión de Galicia
- 'Contando los días' de Alba Loureiro e Tania Medina
- 'Pipo' de Undodez para Televisión de Galicia
Mellor Dirección de Produción
- Analía G. Alonso e Aleix Castellón por 'San Simón'
- Lucía Caramelo por 'Antes de nós'
- Nati Juncal e Silvia Fuentes por 'As liñas descontinuas'
- Oriol Maymó por 'Sirāt'
Mellor Comunicador/a
- Lucía Veiga por 'Aquí Galicia Fest'
- Miguel Canalejo por 'O videoclub'
- Simone Saibene por 'Cinephilia'
- Xosé Ramón Gayoso por 'Luar'
Mellor Dirección de Fotografía
- Jaime Pérez AEC por 'Weiss e Morales'
- Lucía C. Pan AEC por 'Antes de nós'
- Mauro Herce por 'Sirāt'
- Sandra Roca por 'As liñas descontinuas'
Mellor Son
- Amanda Villavieja por 'Sirāt'
- Elsa Ferreira, Pedro Góis, Daniel Fernández e Toni Penido por 'San Simón'
- Toni Penido, David Machado e Javier Pato por 'Antes de nós'
- Xavier Souto, David Machado e Javier Pato por 'As liñas descontinuas'
Mellor Montaxe
- Cristobal Fernández por 'Sirāt'
- Diana Toucedo e Laura Piñeiro por 'As liñas descontinuas'
- Gaspar Broullón e Lu Rodríguez por 'Weiss e Morales'
- Lucía Iglesias Fuentes por 'Antes de nós'
Mellor Interpretación Feminina Protagonista
- Alba Flores por 'Punto Nemo'
- Cris Iglesias por 'Antes de nós'
- Lucía Veiga por 'Mi Ilustrísimo Amigo'
- Mara Sánchez por 'As liñas descontinuas'
Mellor Curtametraxe de Imaxe Real
- 'Abellón' de Fon Cortizo
- 'Adeus, Berta' de Kraken Media
- 'Algo novo que contar' de Queimarte Films e Brava
- 'Curmán' de Mala Herba Producións e Alejandro Jato
Mellor Curtametraxe de Animación
- 'Lucus' de Mala Herba Producións, Testaferro e Gonzalo E. Veloso
- 'Nuno' de Produciós OU Ké!
- 'O corpo de Cristo' de Abano Producións e Uniko
- 'O mesmo' de Algarabía Animación S.C e Canal Cosmopolitan Iberia S.L.U.
Mellor Dirección de Arte
- Elia Robles por 'Antes de nós'
- Inés R. Sacristán por 'San Simón'
- Laia Ateca por 'Sirāt'
- Sonia Prol por 'O Home Perfecto'
Mellor Interpretación Masculina Protagonista
- Adam Prieto por 'As liñas descontinuas'
- Flako Estévez por 'San Simón'
- Luis Tosar por 'Golpes'
- Xoán Fórneas por 'Antes de nós'
Mellor Dirección
- Ángeles Huerta por 'Antes de nós'
- Anxos Fazáns por 'As liñas descontinuas'
- Lucía Estévez por 'Weiss e Morales'
- Oliver Laxe por 'Sirāt'
Mellor Serie de Televisión
- 'Bibopalula' de Undodez para Televisión de Galicia
- 'O Home Perfecto' de Voz Audiovisual para Televisión de Galicia
- 'Punto Nemo' de Punto Nemo La Serie AIE coa colaboración da Televisión de Galicia
- 'Weiss e Morales' de Portocabo, RTVE, ZDF Studios, ZDF e Nadcon
Mellor Programa
- 'Cinephilia' de Noveolas Producciones e Telemiño
- 'Cos pés na terra' de Filmax (Producións A Fonsagrada SL) para Televisión de Galicia
- 'O videoclub' de Brava
- 'Raíña-me!' de Brava para Televisión de Galicia
Mellor Documental
- '360 Curvas' de Rebordelos
- 'Ao son da nova regueifa' de Undodez
- 'Deuses de pedra' de Amateurfilms, Iván Castiñeiras, Primeira Idade, Rúa Escura e Promenons-Nous Dans Les Bois
- 'O silencio herdado' de Gaitafilmes e La Selva Ecosistema Creatiu
Mellor Longametraxe
- 'Antes de nós' de Retrincos, A.I.E., coa participación da TVG e TVE, coa Subvención de AGADIC e ICAA, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Lugo, Ourense e Concello de Pontevedra, e Financiamento do ICO
- 'As liñas descontinuas' de Sétima e Sideral coa participación da Televisión de Galicia
- 'San Simón' de San Simón la película AIE, Miramemira, Morelli Producciones e Bando à Parte coa participación da Televisión de Galicia
- 'Sirāt' de El Deseo D.A. S.L., Filmes da Ermida S.L., URI Films S.L.,Teléfonica Audiovisual Digital e Los Desertores Films A.I.E
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último