Premios Mestre Mateo 2026
'Antes de Nós' arrasa en los Premios Mestre Mateo pero 'Sirat' le arrebata el de Mejor Película
XOSÉ MANUEL PIÑEIRO Showman, presenta un libro sobre a súa traxectoria
Hoxe preséntao na Casa do Libro e así o explicou para Atlántico.
Como prefira que lle chamen Xosé Manuel o Superpiñeiro?
Como queira cada un. Os máis achegados dime simplemente Pi.
Mais o público no chegan a confundir o personaxe coa persoa?
Forma parte da maxia da televisión. Son Xosé Manuel, pero o personaxe vai comigo permanentemente. Pode ser que cando era máis novo, me importase máis. Dende a madurez véxoo con simpatía.
Que lle anima a escribir sobre si mesmo neste intre?
Primeiro porque mo propuxeron e despois porque me permitían facelo o meu xeito, moi xornalístico. Non vía moi claro que eu puidese escribir de min mesmo, pero hoxe cando todo o mundo opina de todo, pensei que era a hora de contar o que hai detrás de min.
Escribir de si mesmo non é unha maneira de abrir a caixa de Pandora e expor a súa intimidade?
Non. O que conto está todo relacinado coa miña vida profesional. Falo da nenez e da adolescencia pero sempre dirixido cara onde estou. Non abordo nada persoal porque a miña vida non lle interesa a ninguén. Esto é un libro de momentos, non é unha biografía. Preservo a miña vida privada tanto por min como polos que me rodean, eles non son protagonistas. Nese senso a prensa sempre me respetou porque non vendo a miña vida.
Nestes anos que supuñen pasos cara onde está, arrepíntense dalgunha decisión?
Fixen en cada momento o que puiden. Tiven que loitar por elo, non me regalaron nada, pero fixen o que quería facer. Primeiro adiqueime o ensino porque me gustaba, pero sen deixar os escenarios que sempre me chamaron.
Como profesional da televisión, ¿como ve o medio público?
Non vou a entrar a valorar a situación da televisión porque sempre resulta controvertida, pero penso que ten que existir porque é necesario. Galicia precisa unha televisión pública que garanta a nosa cultura e o noso idioma. Cando comezou a TVG os meus pais sentíronse orgullosos de que a súa fala tamén a usaban na tele. Foi unha maneira de prestixiar o idioma. Hai que culturizarse e tamén divertirse, pero en galego. Logo tamén hai sitio para a alternativa privada.
Ademais de anécdotas e fotografías, o seu libro tamén inclúe cancións.
A música sempre estivo presente na miña vida, primeiro como cantautor, despois en orquestra. O meu primeiro disco editeino eu por capricho, por mero pracer. Tódolos anos escribo algún tema para a televisión e tiña algúns inéditos, pensei que sería un bo agasallo de Nadal acompañalo co libro.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Premios Mestre Mateo 2026
'Antes de Nós' arrasa en los Premios Mestre Mateo pero 'Sirat' le arrebata el de Mejor Película
Lo último