José García Juncal: "Do meu avó herdei a paixón pola mar que resulta tan atractiva como perigosa"

Publicado: 19 jun 2021 - 02:24 Actualizado: 20 jun 2021 - 04:40
José García Juncal presentou o seu primeiro libro en Vigo.
José García Juncal presentou o seu primeiro libro en Vigo.

José García Juncal visitou onte Vigo para presentar na galería Sargadelos a súa ópera prima na literatura, “El Marinero”. Afirma que se ben é a primeira novela que publica, “teño feito moitas”.

Onde lle ven o seu gusto pola escrita?

Dende pequeno fun un namorado da literatura. Tiven a sorte de ter na nenez e na mocidade dous profesores impresionantes que me fixeron disfrutar con todo tipo de lectura. De rapaz devorei tódolos libros da biblioteca que tiñamos no Círculo Náutico de Bueu e cando fun facer o preuniversitario a Pontevedra deume clase Filgueira Valverde, de quen aprendín moitísimo.

Con esa vocación como acabou sendo médico en Ourense?

De mozo estaba nunha disxuntiva. O meu avó era mariñeiro e todos na casa tiñamos a ilusión da mar. Pero eu tamén pensei que moitos dos meus caían enfermos e pensei que podía axurdar facéndome médico.

Que foi o que inspirou esta novela?

A triste realidade da mar. Para moita xente é a única saída. Do meu avó herdei a paixón por ela, pero a mar é tan atractiva como perigosa. Esixe un sacrificio inmenso, o abandono das familias e dos amigos durante meses. Os mariñeiros pasan medio ano traballando nun cárcere, onde non fan falla cadeas porque no se pode escapar. É fermosa e hai que loitar para triunfar a costa do que máis se quere, a súa xente. Mentres eu estudaba, os meus amigos viñan triunfantes do mar e amosábanme as gafas moda, pero a cambio perdían as emocións que eu tiña.

Sorprende que cun vencello tan forte co mar acabase viviendo terra adentro, en Ourense.

Foi por sorte ou por desgraza. Presentei ás primeiras oposicións do Mir e había que escoller especialidade, tocoume en Ourense. Foi un contraste o xeito de vivir, tamén na lingua; eu son do falar da costa

Contenido patrocinado

stats