A Fundación Penzol colabora coa exposición de Concepción Arenal
vigo
n n n A Fundación Penzol fai unha posta en valor dos seus fondos biográficos e anuncia a cesión dunha das publicacións de Concepción Arenal na exposición central que se organiza en Santiago co gallo do bicentenario do seu nacemento.
Tal como recolle nas súas redes sociais, colabora este ano con outra peza na exposición que a Universidade de Santiago, vén de inaugurar no Pazo de Fonseca compostelán. Trátase dun exemplar da segunda edición da súa coñecida obra “Manual de El visitador del pobre”, publicada en Madrid en 1863. Baixo o título “A conciencia da razón”, a mostra permanecerá en sala ata o 7 de novembro.
Esta exposición é o motivo escollido pola Fundación Fermín Penzol para dar a coñecer a bibliografía que conserva relacionada con Concepción Arenal: “Para afondar máis no seu legado intelectual e no seu pensamento a través dos seus textos, as persoas interesadas poden consultar na nosa biblioteca unha parte importante das súas publicacións e extensa obra, mesmo nas súas diferentes edicións”.
Forman parte duns fondos baseados na doazón de Fermín Penzol fóronse posteriormente sumando outros legados, salientando pola súa importancia e volume o de Ramón Otero Pedrayo.
Asemade ao longo dos anos completárono achegas de entidades como editoriais ou administracións, e particulares como Francisco Fernández del Riego, Alfonso Zulueta de Haz, Ramón Piñeiro López, Xaime Isla Couto, Manuel Rodrígues Lapa, Carlos Velo, Xoán Vicente Viqueira, Ramón Martínez López, Roberto González Pastoriza, Baldomero Cores Trasmonte, Emilio Soneira Maside, Xesús González Gómez, Xesús Alonso Montero, Estanislao Fernández de la Cigoña. Tratánse de fondos bibliográficos, arquivísticos, coleccións documentais facticias, pero tamén pezas especiais como cartografía
A biblioteca da Penzol atópase na Casa Galega da Cultura, na praza da Princesa en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, con acceso aberto.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último