Febreiro comeza cunha rodaxe, a segunda tempada de ‘Auga seca’

vigo

redacción. vigo

Publicado: 29 ene 2021 - 00:21 Actualizado: 29 ene 2021 - 19:25

Sergio Pazos, Victoria Guerra e Monti Castiñeiras, en “Auga seca”.
Sergio Pazos, Victoria Guerra e Monti Castiñeiras, en “Auga seca”.

n n n A serie “Auga Seca”, un drama policial situado no tráfico de armas e estreado con éxito o pasado ano en RTP, TVG e HBO, regresará cunha nova temporada que inicia a súa rodaxe este luns en Vigo, coas máximas medidas sanitarias e protocolos anti-covid. A rodaxe extenderase ata mediados de marzo na contorna viguesa, para logo pasar a Lisboa ata abril.

Nesta segunda temporada, que terá 8 episodios de 50 minutos, afondará nas orixes dos negocios da familia Galdón e os seus conflitos coa familia de Teresa, interpretada por Victoria Guerra. No elenco repiten actores galegos e lusos coma Monti Castiñeiras (Mauro Galdón), Sergio Pazos (inspector Viñas), Eva Fernández (Irene), Belén Constenla (Dulce) ou Adriano Luz (Lázaro), xunto a novas incorporacións aínda sen dar a coñecer.

“Auga Seca” é unha serie de Portocabo coproducida coa produtora portuguesa SPi para a Rádio e Televisão de Portugal e a Televisión de Galicia. HBO España e Portugal estrearán en primicia esta segunda temporada.

A primeira entrega é a primeira serie en versión orixinal en galego que se emite nesta plataforma. Toño López volve asumir a dirección, canda o realizador portugués Sérgio Graciano.n

Contenido patrocinado

stats