“A estrea tiña que ser en Vigo porque é unha película ‘obreira”

VIGO

O director de "Os Fenómenos", Alfonso Zarauza explicou así o seu interese porque a première do seu filme fora onte na cidade

ana baena.Vigo

Publicado: 10 dic 2014 - 10:51 Actualizado: 11 dic 2014 - 10:31

Parte do elenco de “Os Fenómenos”compartíu co director Zarauza unha noite de estrea nos cines Gran Vía. Estiveron acompañados por numerosos espectadores que encheron a sala.
Parte do elenco de “Os Fenómenos”compartíu co director Zarauza unha noite de estrea nos cines Gran Vía. Estiveron acompañados por numerosos espectadores que encheron a sala.

n n n A cidade volveu onte a colocar a alfombra vermella para celebrar unha première nacional. Foi nos cines Gran Vía e recibían a proposta do audiovisual galego, "Os Fenómenos", dirixido por Alfonso Zarauza, e coa participación de Lola Dueñas, Luís Tosar, Miguel de Lira, Juan Carlos Vellido, Morris, Touriñán ou Federico Pérez. "A estrea tiña que ser en Vigo porque é unha película ‘obreira’ e esta é unha cidade obreira, a maior de Galicia", apunta Zarauza, que insistíu en que foran unha sala local a primeira en proxectar o filme. Hoxe chegará aos cines de Madrid.

O director, que estivo acompañado por parte do elenco, amosouse moi emocionado: "Esperamos que guste porque a acollida que está a ter nos festivais internacionais é moi positiva", apuntou. Así, "Os Fenómenos" ten sido seleccionada en 15 festivais e recibíu catro premios (un en Bruxelas e tres en Brasil). En xaneiro continúa a súa axenda alén das fronteiras con proxeccións en Europa e Estados Unidos. Trátase dunha historia moi local que chegou a todo o mundo. Fala da vida dunha muller que dende hai tres anos vive nunha furgoneta coa súa parella e o seu fillo en Almería. Tras varios vaivéns, decide regresar a Galicia. Comeza a traballar na construcción como peón de albanel. Cando todo parece endeitarse estala a burbulla inmobiliaria.

"A película fala do que está a suceder neste mundo, trátase dunha crise onde hai vencedores e vencidos e esta é a historia destos últimos", aclara o director, que destaca a dureza da rodaxe.

Con localizacións tan difíciles como a do esquelete de formigón de Bañobre, en Miño, as xornadas á intemperie volvéronse complicadas: "Alí foi cando a unión de todo o equipo resultou vital para superalo", apunta o director.

Onte, os actores e o resto de equipo compartiron co público vigués a sensación de ver "Os Fenómenos" na gran pantalla e no circuito nacional.n

Contenido patrocinado

stats