A danza contemporánea únese ás homenaxes a Xela Arias

Publicado: 19 jul 2021 - 01:49 Actualizado: 20 jul 2021 - 13:51
María Llanderas meteuse na pel de Xela Arias.
María Llanderas meteuse na pel de Xela Arias.

A sala Ártika, na avenida de Beiramar, acolleu onte unha nova homenaxe a Xela Arias baixo o título “A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas”. Autora das Letras Galegas 2021 tamén foi interpretada dende a danza contemporánea. María Llanderas meteuse na pel da poeta para entender a súa letra.

Cos seus pantalóns, coa súa cazadora, coa súa pose espida nas fotografías de “Tigres como cabalos”, releu os seus versos, o seu sentir e a súa vida, nun espectáculo que uníu o monólogo coa performance e coa danza, un estudo artístico dende a expresión corporal.

Formou parte do primeiro ciclo de Danza e Artes do Movemento, na que contará con dos coreografías máis dos intérpretes Clara Diz e de Juan Cid.

Contenido patrocinado

stats