Cristina Pato e Rosa Cedrón presentan este venres na Coruña o seu traballo 'Muller'

As artistas Cristina Pato e Rosa Cedrón presentan este venres, día 11, no Teatro Colón da Coruña o seu traballo 'Muller' dentro da programación cultural de Novacaixagalicia, segundo informou a entidade.

Agencias

Publicado: 11 feb 2011 - 20:49 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:37

Baixo o nome de 'Soas', presentarán o seu primeiro traballo en común, no que homenaxean voces da poesía galega, como Rosalía de Castro, Yolanda Castaño, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Álvaro Cunqueiro, entre outros.

Este concerto terá lugar tras a representación o xoves da comedia 'A Nona', da compañía galega Teatro do Morcego, protagonizada por Miguel Pernas e dirixida por Celso Parada.

O Teatro Colón pechará a semana coa célebre peza de teatro infantil 'Heidi', baseada no libro que a escritora suíza Johanna Spyri escribiu en 1880.

Contenido patrocinado

stats