O catálogo ‘Mulleres do Silencio’ recibe o premio Paraugas
VIGO
O Catálogo “Mulleres do Silencio”, editado pola Deputación de Pontevedra, coa iniciativa da comisaria Rosario Sarmiento, e impreso por Tórculo Comunicación, acaba de ser galardoado co Premio “Paraugas” polo Clúster de Comunicación Gráfica de Galicia ao mellor libro. A deputada provincial Ana Laura Iglesias recolleu o galardón na cerimonia de entrega que tivo lugar en Ourense, onde subliñou que a edición desta obra, que recolle a esencia da exposición que co mesmo nome visibilizou o talento de 19 mulleres da arte galega do século XX, se enmarca na prioritaria aposta pola igualdade que ten a institución provincial. Iglesias reiterou o firme compromiso da Deputación, “un eixo no que seguiremos traballando ata que todos e todas poidamos resgardarnos baixo o mesmo paraugas”. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa emoción “xa que trátase do segundo premio que nos dan esta semana vinculado á igualdade. Esta obra é un exemplo do que para o noso goberno significa dar voz ás mulleres”. Silva agradeceu en primeiro lugar o premio á comisaria da exposición da que xurdiu o catálogo, Rosario Sarmiento, “que ideou como tiña que plasmarse esa mostra de mulleres artistas en páxinas”, para recoñecer logo todo o “excelente traballo” dos departamentos da Deputación implicados na edición deste libro: o Servizo de Igualdade, o de Comunicación Institucional, o de Servizos Lingüísticos, que revisou e traduciu os textos. E estendeu o agradecemento a Tórculo.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar