Ateneo Atlántico homenaxea a Díaz Pardo cos seus debuxos

Cultura

Unha das ilustracións incluidas no libro que se presentará en Vigo.

Publicado: 21 abr 2021 - 02:00 Actualizado: 23 abr 2021 - 03:51

Unha das ilustracións incluidas no libro que se presentará en Vigo.
Unha das ilustracións incluidas no libro que se presentará en Vigo.

O Ateneo Atlántico súmase aos actos polo centenario de Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-Coruña, 2012) cun encontro este xoves no Marco. Presentarase a publicación facsimilar de “Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro”, considerada unha das súas obras máis singulares. Foi reeditada polo Ateneo de Santiago e Deputación Provincial de Coruña.

Unha das ilustracións incluidas no libro que se presentará en Vigo.
Unha das ilustracións incluidas no libro que se presentará en Vigo.

Trátase dun recreación do orixinal impreso en Buenos Aires en 1956 en Ediciós Arsnovos, cabeceira trala que estaba Lúis Seoane. Combina texto e ilustracións. “Contén un tipo de tintas moi semellantes ás obras que se expoñen do artista na pinacoteca viguesa Fernández del Riego”, apuntan dende o Ateneo, referíndose aos fondos municipais dunha das últimas donacións a Castrelos, en maio de 2019. Formaba parte do lote de cedido polos herdeiros de Tomás Barros Pardo. Son un total de 58 tintas de Díaz Pardo, doce delas ilustracións realizadas para a revista “Aturuxo” (1952) e 46 imágenes do libro “Espantapájaros”, de Tomás Barros Pardo.

Unha das ilustracións incluidas no libro que se presentará en Vigo.
Unha das ilustracións incluidas no libro que se presentará en Vigo.

No acto, organizado polo Ateneo Atlántico en Vigo, analizarase a aportación artística destos debuxos. Contará como convidado especial ao fillo do homenaxeado, Xosé Díaz, pintor e axente artístico. Acompañaron na mesa redonda Xosé Ramón Pousa, xornalista e profesor de comunicación audivisual da Universidade de Santiago e Carlos Bernárdez, crítico de arte e comisario. O debate estará moderado por Marta Viana, responsable de comunicación e didáctica do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

“A actividade renacentista de Díaz Pardo ten múltiples facetas, entre elas o de recuperador da memoria artística, industrial, política e intelectual de Galicia como dinamizador de grandes proxectos culturais e empresariais; todo un acervo que debe ser obxecto de análise en creativo diálogo co noso presente”, apuntan dende o Ateneo do promotor de iniciativas como Sargadelos, Ediciós do Castro ou o Museo Carlos Maside.

O aforo será limitado a 33 prazas, previa reserva.

Unha das ilustracións incluidas no libro que se presentará en Vigo.
Unha das ilustracións incluidas no libro que se presentará en Vigo.

Contenido patrocinado

stats