“As andanzas de Paio”, unha historia que xurdíu en Navia

VIGO

a.baena. vigo abaena@atlantico.net

Publicado: 17 abr 2016 - 05:37 Actualizado: 17 abr 2016 - 22:44

Oviravai, onte, na representación das historias de Paio.
Oviravai, onte, na representación das historias de Paio.

O grupo Oviravai representou onte no auditorio municipal "As andanzas de Paio", a historia dun teixugo, que se está a converter nunha personaxe moi popular entre o público infantil.

A orixe de Paio está nun barrio da cidade, en Navia. Verónica Santalices e Federico Welicki mudáronse a rúa Teixugueiras, e intrigados pola toponimia comezaron a investigar: "Resulta que significa o lugar onde hai moitas teixugas, as casas dos teixos; a partir de aquí descubrimos a un animaliño tranquilo, organizado e moi limpo". A parella comezou a imaxinar unha historia para o seu novo personaxe. Para lle por cara acudiron a uns veciños, tamén de Navia, que "debuxaban moi ben", Laura Iglesias e David Fernández. Con contos e ilustracións, só faltaba a música. Así, Verónica e Federico formaron Oviravai, sumando a Suso Feixón, Paloma Fernández, Noa Lohan, Iván Davila e Moisés, na mesa de mezclas.

Publicado por Galaxia na súa colección Sonárbore, "As andanzas de Paio" é un libro- disco que ofrece unha aventura para cada día. "Son historias distintas, onde aprende cousas novas, visita a amigos e comparte ideas, todas contadas xa de regreso á granxa, cos seus amigos", sinala Verónica Santalices, quen está convencida que todo o proxecto está plagado de casualidades máxicas: "Cando montamos a escenografía, encargámoslle un barco a Diego Baleira, en O Carballiño, e ao chegar comprobamos que o almacén estaba na rúa ‘A Granxa’ o mesmo nome que no lugar onde todo comeza".

"As andanzas de Paio" é un dos últimos títulos de literatura infantil no xénero de libro-disco, unha aposta de combinar a lectura coa música na que as editoriais galegas levan a dianteira do mercado nacional.n

Contenido patrocinado

stats