Imprimir

A Escola Infantil do Alba, un centro aberto, participativo e solidario

REDACCIÓN | 12 de Febrero de 2019

Teatro de páis. As familias son importantes na a escola, coa súa colaboración e apoio.
Teatro de páis. As familias son importantes na a escola, coa súa colaboración e apoio.

A  EEI Monte do Alba é unha escola aberta e participativa xa que pensan  que a Educación Infantil enríquecese coa colaboración das familias e outras entidades sociais. Buscan tamén o intercambio e participación conxunta coas outras escolas da parroquia.

As familias da escola sempre son benvidas e invitadas a participar e así, por un lado,  contamos co grupo de teatro de país e nais que prepara e representa dúas obras de teatro ao longo do curso escolar e tamén crea e acompaña o noso Meco no Entroido, e o grupo de país e nais que se encarga da organización do préstamo de libros na nosa  biblioteca unha vez por semana.  Por outro lado as familias colaboran ao longo do curso en diversas actividades educativas, como os obradoiros artísticos de Samaín ou Nadal, lectura de poemas, sesión de contacontos, actividades musicais, preparación de festas ou cumpreanos. Tamén  acompañan nas saídas, ou  proponen e dirixen as súas  propostas de actividades, receitas, manualidades. Colaboran coa Asociación Cultural e Veciñal, celebrando con eles o Maio,  asisten a actividades da biblioteca, participan nos seus programas de radio escolar, e  en tódalas outras propostas que  ofertan. Ademáis, participarán coa Comunidade de Montes, na próxima reforestación do monte. Asisten aos  concertos temáticos que realiza a Unión Musical de Valladares. Coas escolas da contorna, realizan intercambio de experiencias formativas, apadriñamento lector para celebrar o Día do Libro, actividades conxuntas co Instituto co gallo da Semana do  libro, saídas conxuntas pola contorna como a visita da panadaría, celebrando o magosto no monte ou  no Entroido cun percorrido pola parroquia …
A escola tamén realiza pequenas colaboracións co IES Terras de Turonio de Gondomar, no seu programa de radio “ Ponte nas ondas”.
Coa universidade, co profesorado da Facultade de Química realizan ao longo do curso experimentos científicos cunha participación activa por parte do alumnado.
Son unha escola inclusiva, con alumnado con necesidades educativas especiais, e creen que un mundo inclusivo , que respecta a diferencia beneficia a todos. 
A escola traballa por proxectos educativos e con  unha pedagoxía activa, dándolle especial importancia os aspectos artísticos e creativos. O seu traballo xira arredor do patio que poden usar para  expor obras,  realizar actividades conxuntas en contacto coa natureza,  gozar do sol deitados na herba,  xogar coa choiva saltando as pozas, descubrir o paso do tempo e as estacións, como explorar e descubrir  a vida vexetal e natural que comparte este espazo connosco.
Monte do Alba aposta por unha educación democrática primando o consenso e respectando as posturas individuais, así actividades ou proxectos, son escollidas e realizadas coa colaboración de nenos e nenas, por equipos de aprendizaxe, onde uns axudan aos outros;  resolvendo os conflictos de xeito pacífico, a traverso da  análise colectiva na asamblea cando se precisa, chegando a acordos entre partes, buscando a mediación da mestra ou dalgunha nena ou neno encargada desta función.  A filosofía, mediante proxecto “Aprender a pensar” axúda aos nenos, a través  de personaxes, contos, arte ou música a comprendernos mellor, a aceptarse, a respectar aos demais coas súas diferencias, a convivir coas outras especies, en fin a entender a vida na súa diversidade. Todo isto enmarcado no ámbito da intelixencia emocional e desenvolvemento afectivo, para a comprensión das emocións propias e alleas utilizamos xogos, contos ou  mascotas, educándonos na autoestima e o coñecemento mútuo. 
Por todo isto  apostan por un ambiente de tranquilidade onde as cousas suceden e desenvólvense coa lentitude e ao ritmo o que permitelles ser conscientes das aprendizaxes e descubrimentos. Neste mesmo sentido apoian  ó Ioga como método de relaxación, autocoñecemento e meditación.  Este curso iniciaron unha nova actividade educativa “O  robot escornabot sube ao Alba”, no que nenos e nenas enfréntanse ao mundo da programación e de robótica, a xeito de xogo relacionado cos diferentes contos.  A personaxe da biblioteca “A Fada do Alba” sempre está buscando actividades para achegar a lectura aos nenos e nenas da escola, ofertando sesións de contos  para o Día da Infancia, Día da biblioteca escolar, Día dos dereitos dos nenos e nenas e outros eventos. Tamén organiza a Feira de intercambio de libros e as outras actividades que se celebran arredor do Dia do Libro”, ou o Día das Letras Galegas. A clase de inglés, tamén traballa por proxectos,  está organizada, como o resto das aulas da escola, por recunchos. O inglés é a lingua usado para comunicarse cos nenos e nenas nesta aula e en calquera outro momento do día, recreo, apoio,….  Este curso organizaron nas clases obradoiros científicos, experimentais, matemáticos ou de cociña que se imparten nesta lingua, co obxectivo de facer dela unha lingua de comunicación práctica.
Na escola infantil Monte do Alba apostan pola experimentación, as sensacións, a manipulación como fonte de aprendizaxe, polo que están sempre moi abertas a saír e contactar co mundo que nos rodea e aproveitar tódalas experiencias que a sociedade nos brinda, e así asisten a concertos, obras de teatro, a saídas a museos, aos montes colindantes, parti-cipando en actividades que ofertan distintos colectivos sociais. E pola mesma razón gústan  recibir aos diferentes artistas na escola. 
Monte do Alba é  unha escola solidaria, onde reflexionan sobre as dificultades que poden sufrir nenos, nenas e familias por isto colaboran con “AFAN” na recollida de alimentos, coa iniciativa de Carlos Leiro  “Cada neno, un xoguete” ou con “Mariola solidaria” e a súa campaña de recollida de roupa e calzado para os menos favorecidos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xornal-escolar/escola-infantil-do-alba-centro-aberto-participativo-solidario/20190212103242691855.html


© 2019 Atlántico

© Rías Baixas Comunicación, S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons