Imprimir

Educación amplía os centros que participarán en EduExchanges

Redacción | 13 de mayo de 2019

A convocatoria está dirixida a alumnado que estea cursando 3º e 4º de ESO, e nela poden participar todos os centros de ensino públicos galegos.
A convocatoria está dirixida a alumnado que estea cursando 3º e 4º de ESO, e nela poden participar todos os centros de ensino públicos galegos.

O obxectivo desta iniciativa educativa,  programa de intercambio de alumnado para centros públicos cos de outros países da Unión Europea, é que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras nun contexto de convivencia diaria nunha contorna familiar.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional dobra este ano o número de centros que poderán participar no programa de intercambio de alumnado para centros públicos cos de outros países da Unión Europea EduExchanges. O obxectivo desta iniciativa é que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras nun contexto de convivencia diaria nunha contorna familiar.

A convocatoria está dirixida a alumnado que estea cursando 3º e 4º de ESO, e nela poden participar todos os centros de ensino públicos galegos que teñan desenvolvido algunha iniciativa deste tipo -ou teñan previsto facelo- entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019. O idioma de estudo obxecto do intercambio poder ser a primeira ou a segunda lingua estranxeira cursada polo alumno. 

Este ano poderán participar no programa un total de 30 centros educativos (fronte aos 15 da primeira edición, desenvolvida o curso pasado) e 600 alumnas e alumnos. Cada centro poderá seleccionar un máximo de 20 alumnos e alumnas candidatos e recibirá unha axuda económica da Consellería que será destinada a sufragar os gastos derivados do intercambio. Os centros seleccionados recibirán unha achega máxima de 7.000 euros. Os centros educativos deberán ocuparse de todos os aspectos organizativos relacionados co intercambio, incluída a planificación das actividades educativas e extraescolares que consideren, baixo a supervisión dun docente que exercerá de coordinador. 

Pola súa banda, as familias do alumnado participante no proxecto comprométense a recibir na súa casa a un alumno doutro país e a responsabilizarse do seu aloxamento e manutención. Esta iniciativa está enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020, Edulingüe, para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, e pretende fomentar a mobilidade entre o alumnado co fin de mellorar a súa competencia lingüística en linguas estranxeiras.

Obras e melloras
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten programadas ata o ano 2021 obras en 13 centros educativos da provincia de Pontevedra ao abeiro do desenvolvemento do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas. O investimento previsto para estas actuacións ascende a preto de 15 millóns de euros. O desenvolvemento do Plan de Infraestruturas Educativas ata o ano 2021 contempla a execución de 9 actuacións de obra nova (construción, ampliación e reformas importantes), na provincia, ás que se destinarán máis de 12,7 millóns de euros. Neste apartado cómpre salientar a construción do novo CEIP de Vilalonga, ademais de diferentes mellloras en centros educativos de tódala provincia de Pontevedra. Por outra banda, a Consellería continuará renovando as instalacións dos centros máis antigos para adecualas ás necesidades actuais. Neste sentido para o período 2019/20 están previstas actuacións de rehabilitación.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.atlantico.net/articulo/xornal-escolar/educacion-amplia-centros-participaran-eduexchanges/20190513125022708035.html


© 2019 Atlántico

© Rías Baixas Comunicación, S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons