O viño, protagonista do Condado por tres días
Salvaterra amosa dende o venres os seus caldos con D.O.
A Festa do Viño do Condado do Tea, catalogada como Festa de Interese Turístico galego, comeza esta fin de semana en Salvaterra. O evento, un cita anual dende 1959, celebrarase dende o venres ata o domingo, contará con máis de vinte adegas participantes co súa caseta, onde poder degustar os seus caldos. Entre as actividades paralelas destacan as catas comentadas, a partir das 18 horas (o venres, ás 19 horas) no Recinto da Muralla, que xa comezaron este luns. Hoxe probaranse viños de Pazo San Mauro, Señorío de Rubiós, Viña Nora e Pazo As Barreiras. Mañá será a quenda de Pazo de Lusco, Vilar de Morán, Fillaboa, Terras do Sur / Chan de Vide. Finalizan o venres con Marqués de Vizhoja, Adegas Galegas e Eidosela.
No Museo da Ciencia do Viño do Condado abrirase el Túnel do Viño o mesmo venres e o sábado, en horario de mañá, de 11 a 14 horas, e de tarde, de 16 a 18 horas, cun coste de 15 euros á entrada. Ambas actividades precisan inscripción previa.
Xunto a degustación dos viños, a festa vén acompañada de toda unha axenda de actuacións e actividades. Subvencionadas pola Deputación, propóñense catro actividades culturais no recinto amurallado. Tiruleque, Sheila Patricia e Los Jinetes del Trópico actuarán nas noites do venres e o sábado no marco do programa +Música.
Ademais, tamén se celebrará o espectáculo familiar “Museo encantado”, de Dani García, unha función, o venres, ás 19:30 horas que forma parte do circuíto +Escénicas. Está composta por catro micro-espectáculos de maxia completamente diferentes en ritmo, estética e concepto máxico: unha caseta onde un autómata preparado para ler o futuro sorprende con xogos de maxia, unha cabina de teléfono londiniense na que a audiencia vivirá e sentirá a maxia a través dun vello teléfono, un fotomatón que permite experimentar a maxia tecnolóxica do século XXI viaxando polo mundo e facendo maxia interactiva a través dunha pantalla, e o antigo confesionario de igrexa onde nada é o que parece e non está quen debera.
A banda Tiruleque, que actuará o venres ás 23 horas, leva en activo máis de dúas décadas mesturando un repertorio baseado nas recollidas e cancioneiros tradicionais con outras moitas influencias, así como pezas propias. Presentarán o seu novo espectáculo “Repichoca”, adiantando o novo traballo discográfico da formación. Nel, a banda captura a ledicia e o espírito festivo das repichocas e das foliadas, pero levándoas ao presente, como espazos que unen aos galegos para celebrar a cultura do país. A noite do sábado terán lugar dous concertos financiados con cargo ao +Música. No primeiro deles, ás 23 horas, o canto tradicional de Sheila Patricia. A súa música está influenciada polas innumerables viaxes que realizou a América Latina e o seu proxecto presentar unha música fresca e vibrante combinada cunha mensaxe de apoderamento.
Máis avanzada a noite do sábado, cara ás 1:30 horas, actuarán Los Jinetes del Trópico, unha banda cuxo repertorio está baseado no costumismo galego, con cancións como "Namoreime dunha Pulpeira" ou "Furancho".
Amais actuarán grupos folclóricos como a Banda de Gaitas Pontenova que tocará na inauguración, o Breo, La Patrulla e Poi Floid que participarán nos concertos do venres pola noite. Lenha Verde fará dobrete o sábado e o domingo, mentres D' Croonerse e Judit Mateo Trío farán o propio a noite do sábado, e Ni fu ni fuck, a Banda do Sequío e Os da Taberna estarán na noite de despedida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar