Vacaciones en Paz ve consenso político e social co programa
As Xornadas de Valoración de Vacaciones en Paz reúnen a diferentes administracións
As Xornadas Estatais de Valoración e Avaliación de Vacaciones en Paz 2026 arrancaron en Mondariz-Balneario cunha ampla representación institucional, política e asociativa e cunha mensaxe compartida: a importancia de seguir traballando conxuntamente para garantir a continuidade do programa e fortalecer os vínculos de solidariedade co pobo saharauí.
Organizadas por CEAS-Sáhara e coa Sociedade Galega de Apoio ao Pobo Saharauí (Sogaps) como entidade anfitrioa, as xornadas reuniron a representantes do Goberno de España, das institucións saharauís, da Xunta de Galicia, do Parlamento galego, dos concellos e do movemento asociativo solidario, con delegacións das asociacións de todas as comunidades autónomas.
Na apertura participaron, entre outros, o Secretario de Estado de Juventud e Infancia, Rubén Pérez Correa; a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; o presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o alcalde de Mondariz-Balneario, César Gil, anfitrión do encontro. Tamén participaron Thej Ualia, coordinador do programa Vacaciones en Paz do Ministerio de Xuventude e Deporte do Frente Polisario; Abdulah Arabi, representante do Frente Polisario en España; Maite Isla, presidenta de CEAS-Sáhara, e Aldara Mandado, portavoz de Sogaps e da delegación saharauí en Galicia.
A primeira xornada contou coa participación ademais do Intergrupo Paz e Liberdade para o Pobo Saharauí do Parlamento de Galicia, representado por Alberto Pazos (PPdeG), Carlos López Font (PSdeG), Montse Prado (BNG) e Armando Ojea (Democracia Ourensana).
As intervencións destacaron o carácter colectivo dun programa que vai moito máis aló dos meses de verán. Detrás de cada neno e nena saharauí que participa en Vacaciones en Paz existe unha rede de familias de acollida, asociacións, voluntariado, concellos e institucións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar