A Roda porá o broche de ouro ás Festas de Setembro
A coñecida agrupación musical culminará hoxe cunha actuación (21 horas, parque da Feira Vella) a celebración do Concurso de Gaitas do País de Ponteareas
O Concello de Ponteareas prepara-se para vivir un dos días mais agradados e significativos de toda a programación das súas Festas de Setembro. Este sábado, dia 19, a Vila do Tea converterase no epicentro do noso folclore con celebración do "LVIII Concurso de Gaitas do País", unha cita histórica que segue consolidada como o certame en activo mais antigo de toda Galicia.
A xornada festiva arrancará às 16:30 horas coa tradicional ruada dos grupos participantes, que encherán de son, ritmo e cor as rúas céntricas do municipio, quentando motores co público antes do inicio da competición. A continuación, às 17:00 horas, o Auditorio Municipal Reveriano Soutullo acollerá o concurso, onde os mellores cuartetos tradicionais da comunidade medirán o seu talento.
O prestixioso certame conta este ano cun orzamento total de 10.000 euros destinados a galardóns e axudas institucionais. A formación que se alce co cobizado primeiro premio recibirá unha dotación económica de 2.000 euros e unha gaita tradicional galega de artesanía cedida polo Obradoiro de Gaitas Gil. Pola súa banda, o segundo clasificado obterá 1.600 euros e un tamboril de Sanín Percusión Tradicional.
O terceiro e o cuarto posto estarán dotados con 1.200 euros e 800 euros, respectivamente. Ademais, cun firme compromiso de apoiar o esforzo e o desprazamento de todos os músicos, o concello concederá unha gratificación de 600 euros para cada un dos cuartetos participantes que non resulten premiados nos catro primeiros lugares.
Esta quincuaxésimo oitava edición terá unha carga emocional única, xa que a organización renderá unha profunda e merecida homenaxe a Wenceslao Cabezas "Polo". Reconecido de xeito unánime como unha figura cumio na transmisión, docencia e conservación da música e o baile tradicional galego, "Polo" recibirá a calor e o recoñecemento de Ponteareas por toda unha vida consagrada a salvagardar a identidade cultural de Galicia.
Tras a entrega de premios e o acto de homenaxe, a celebración das Festas de Setembro continuará na rúa de forma multitudinaria. Ás 21:00 horas, o Parque da Feira Vella acollerá a actuación en directo de "A Roda". A mítica formación folk galega será a encargada de pechar esta gran xornada interpretando os seus himnos e clásicos imperecedeiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar