Nidia Arévalo: "Soño con ver a autovía como unha estrada verde, un bulevar con árbores"

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos

“Ter bandeira, escudo e himno de Mos con letra é un orgullo, algo que deixamos para as xeracións que veñen”

A alcaldesa Nidia Arévalo, no seu paso polo set de Atlántico TV.
A alcaldesa Nidia Arévalo, no seu paso polo set de Atlántico TV.

Nidia Arévalo, do Partido Popular, leva algo máis de 14 anos de alcaldesa de Mos e aínda ten moito por facer, asegura. De novo será candidata polo seu pobo, coa ilusión de que algún día poda ver como a autovía desaparece.

-14 años e medio abondan ou pensa que aínda ten moito por diante?

Pois a resposta é dos veciños cada vez que hai ese exame dos que temos responsabilidades públicas. O que teño que dicir é que non sei que me vai deparar o futuro laboral ou político pero non hai nada máis satisfactorio como persoa que ser alcaldesa do pobo onde nacín, crecín e espero morrer, non hai palabras.

-Entón vese moitos anos mais?

Ogallá poda seguir, ogallá sigan a confiar en mi, creo que a tarefa máis complicada, e tamén máis comprometida, a que require máis entrega, pero tamén aquela que se leva para casa os mellores momentos cando se ven as cousas feitas, as tarefas cumpridas, esa satisfacción non ten prezo.

-Nestes 14 anos houbo momentos mellores e piores.

O peor que levei foron os dous anos de pandemia, sobre todo ese primeiro momento. Non sabíamos o que tiñamos por diante, eses quince días e eses dous meses, onde os que estábamos ao fronte dos concellos, agradecemento ao mundo sanitario, pero ese día a día da alcaldesa e os concelleiros tratando de pedir, de explicar, que se cumprirán as medidas, momentos moi duros. Aproveito para dar grazas aos meus veciños que fixeron o esforzo de tratar de cumprir as normas.

-E o Celta…

E xa que fala do Celta, creo que a parte máis difícil para un alcalde é cando un sente algo de impotencia, porque ve que defende unha causa, que antepón Mos por riba de todo, deixando a un lado os intereses personais e políticos, e cree que está a facer o que debe. Que mellor para Mos que ter no seu territorio este proxecto? E moi difícil, cando ves a manipulación, dicindo á xente que se vai quedar sen auga, sen monte, contando mentiras, e ves os partidos políticos posicionadísimos simplemente por ir contra min. Foi un momento de moito desgusto, pero o tempo foi poñendo cada cousa no seu sitio.

-Aínda está por desenrolar.

Creo que é cuestión de tempo, de que a xente vexa que aquí están as verdades, as autorizacións, as novas construcións, a auga ahí está, Pereiras ten máis auga que nunca, e o monte de Mos é a nosa riqueza e a oferta do presidente Mouriño sempre foi duplicar permutas, tratar de compensar terreos e o verde é moi importante, hai que respéctalo, pero tamén temos que crecer.

-Que precisa Mos?, hai pouco dicía que antes ninguén sabía da existencia de Mos, solo se sabía da autovía.

Hai un antes e un despois nos últimos anos, eran moitas as persoas, non digo de Lugo ou Asturias, senón da contorna que o mellor non sabían diferenciar se Mos era unha parroquia do Porriño ou un concello. Ese lugar por onde pasaban as persoas e onde non se paraba. Eso está superado. Estou convencida de que entre todos foimos quen de poñer a Mos no mapa, no foco, e a facer de Mos un territorio de oportunidades. É o carto concello industrial máis importante da provincia. E tamén o concello que albergará o proxecto deportivo más importante. E o Rebullón, que será o primeiro centro sociosanitario pioneiro. E podería continuar poñendo en valor o que xa temos, a nosa historia, tradición, verde, facer o Mos das persoas. Cando vemos para atrás, vemos como transformamos Mos para as persoas, espazos verdes, parques, lugares para compartir, para vivir. Acabamos de levar a pleno a cesión dunha parcela para vivenda pública en alugueiro. De ver como os centros culturais van crecendo nas parroquias coa colaboración da Xunta e o Concello. Pero si necesitamos seguir crecendo.

-Un soño sería librarse da autovía? Eu creo que foron tantas as décadas, e gobernos, que pasaron falando da nova autovía. Agradezo a Alberto Núñez Feijoo e Ana Pastor que foron os primeiros que escoitaron a esta alcaldesa dicir que non pode ser, non nos poden esnaquizar de volta cunha nova autovía a ceo aberto, pero sempre fomos conscientes de que había alternativas, como a eliminación da peaxe. Seguirei soñando con ver eso como unha estrada verde, un bulevar cheo de árbores e flores, onde os coches transiten moi pouco e a menos velocidade.

-Outro, desenrolar un núcleo urbano como Porriño?

Teño que decir aquí que non é nada doado, pero que cando aprobamos o Plan Xeral, Mos falou alto e claro. Aprobamos un Plan Xeral adaptado ao que pedían os veciños. Aprobamos o 85% das alegacións. Na aprobación inicial tiñamos debuxado o desenrolo rápido do futuro casco, e atopámonos unha sorpresa. A xente non estaba nada preocupada por un piso nas Pozas. A xente presentou alegacións de máis núcleo rural. Efectivamente, queremos seguir como concello rural, pero na porta de Vigo, co que supón: servizos, infraestruturas, industrias, emprego, desenrolo… pero si é verdade que a maioría da xente o que quere é a súa forma de vida, é calidade de vida, ter a túa casa e vivir así. Agora, é certo que é unha asignatura pendente facilitar máis vivenda para os mozos e mozas, témolo que abordar.

-Ou maioría absoluta ou a oposición?

Esto é así. A alcaldesa de Mos, coma outros alcaldes do PP, é maioría absoluta ou nada. Sei que se non teño 9 concelleiros non vou gobernar. Esta é a realidades coa que vivo desde a primeira vez que me presentei.

-A bandeira de Mos coa Rosa, un dos seus grandes logros?

É un orgullo, ai… orgullosa de ter entre todos o escudo, a bandeira e ter himno con letra. Estamos satisfeitos de por en valor a nosa historia. Queda para as nosas xeracións vindeiras, e moi orgullosa.

-Hai temor a perder industria polos comuneiros?

A verdade a esta xente non lle quero adicar tempo, porque busca protagonismo e eu non lle vou dar. A realidade é que hai un número de empresas considerable, entre elas falamos de Copo Ibérica que son 700 persoas que alí traballan, e que neste momento está o seu futuro no aire. Esa é a realidade. Mos tratou de consolidar esa industria que comezou precisamente en Monte Faquiña, facendo polígonos como A Veigadaña, e estamos a piques de comezar na Rufana, 500.000 metros máis xestionados por Xestur, que dará un novo impulso a área metropolitana e a Mos industrialmente. Pero efectivamente, estas 25 empresas temen polo seu futuro, porque non poden pagar o que lle están pedindo. O Concello está defendéndoas, porque son empresas que crearon emprego en Mos, riqueza, e o que non se pode é facer este boicot e esta forma de chantaxe. É lóxico que vexan para outros lugares de Galicia e fóra de Galicia, pero apelo a que as cousas muden xudicialmente, e que a lei de montes ampare, porque así non se pode continuar.

-Que tal a relacións cos alcaldes da contorna?

Moi ben, xa saben agás co alcalde de Vigo. Cos demais, boa relación. Nunha área metropolitana na que eu creo firmemente, ten que haber entendemento: os cidadáns móvense dun concello a outro.

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos: "Soño con ver a autovía como unha estrada verde"

Contenido patrocinado

stats