Máis cartos para as obras da capela de Leirado

A Deputación aprobou unha nova inxección de 200.000 euros

Imaxe da capela de San Roque, na parroquia de Leirado.
Imaxe da capela de San Roque, na parroquia de Leirado. | EP

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou de forma definitiva o cofinanciamento das obras de humanización, recuperación e mellora da contorna da capela de San Roque, na parroquia de Leirado. Esta nova inxección económica, que ascende a preto de 200.000 euros, vén complementar os 590.000 euros xa asignados previamente a través do Plan Extra, blindando o desenvolvemento integral dunha das actuacións patrimoniais e veciñais máis relevantes do termo municipal.

O proxecto da capela de San Roque de Leirado busca priorizar a mobilidade peonil, dignificar o patrimonio arquitectónico e xerar espazos públicos accesibles para a convivencia da cidadanía. Esta intervención segue a liña das últimas grandes humanizacións executadas polo Concello de Salvaterra de Miño, entre as que destaca a transformación da rúa Forca e do entorno da Capela de San Roque en Cabreira, un eixe clave que viu renovados os seus servizos esenciais, pavimentos e mobiliario baixo criterios de plataforma única e accesibilidade universal.

Esta transformación en superficie está intimamente ligada á estratexia soterrada e de xestión enerxética do concello.

Contenido patrocinado

stats