Covelo xestiona a biomasa para previr o risco de incendio
A ordenanza impón sancións desde os 100 aos 3.000 euros
O Concello de Covelo vén de aprobar en pleno a ordenanza da xestión de biomasa e distancias das plantacións co obxecto de conseguir as axeitadas condicións de salubridade e seguridade para previr e evitar os incendios, protexendo dos mesmos as infraestruturas e equipamentos sociais, as zonas edificadas e as áreas forestais e naturais de valor especial.
O alcalde, Pablo Castillo, explicou que a súa finalidade é establecer as condicións para levar adiante a xestión da biomasa e a fixación das distancias para plantacións nos terreos clasificados como urbanos, de núcleo rural ou urbanizables delimitados. Esta ordenanza será de obrigado cumprimento polas persoas responsables da propiedade.
Nos terreos clasificados como solo urbano, solo de núcleo rural e solo urbanizable delimitado, as persoas responsables deberán rozar para a eliminación do estrato herbáceo e arbustivo sempre que supoña un mínimo risco para a propagación dos incendios incontrolados de vexetación. Poda e rareo do estrato arbóreo de forma que se manteña unha descontinuidade horizontal entre as copas das árbores e vertical entre estas e os estratos herbáceo e arbustivo. Nas faixas secundarias haberá que desbrozar nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como arredor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte.
Se os responsables non realizasen os traballos de xestión da biomasa nos prazos fixados polo Concello, este poderá realizados e os custos derivados deses traballos se lle cobrará as persoas responsables. As infraccións leves irán dos 100 aos 600 euros, as graves de 601 a 1.500 euros e as moi graves de 1.501 a 3.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último