O BNG presenta candidatos en todos os concellos
O BNG xa ten aspirantes en Vigo e todos os municipios do Condado e Paradanta
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou na presentación dos candidatos do BNG para as alcaldías do Condado e Paradanta. Serán nos municipios de Arbo (Diego Gago), A Cañiza (Trini Labaca), Covelo (Belén Carballo), Crecente (Luis Lobariñas), Mondariz Balneario (Cesar Gil), Mondariz (Alexandre Estévez), As Neves (Oscar González), Ponteareas (Cristina Fernández, a exalcaldesa, que proba de volta), Salceda de Caselas (Salustiano Guerra) e en Salvaterra de Miño (Patricia Mariño). En Vigo xa se coñece ao candidato, Xabier Pérez Igrexas, por terceira vez.
De cara ás eleccións do 23M de 2027, Pontón instou a “ir a por todas con paixón, ilusión e esperanza porque nesta comarca queremos ter máis alcaldes como Cesar Gil, máis concellos con gobernos BNG, porque somos unha forza política diferente que só se debe a este país”. Para iso, convidou a redobrar esforzos no ano que queda por diante antes da cita coas urnas. “O BNG está nun gran momento pero tamén é certo que a leira hai que traballala, poñer o mellor de nós cada día, presentar as mellores candidaturas, os mellores proxectos para cada concello, con ambición e con ilusión, desde a confianza nas nosas propias forzas. Por iso pídovos que todos e todas demos o mellor de nós mesmas para empurrar este gran proxecto que é o BNG”, reclamou.
Nese sentido, destacou o modelo municipal de éxito do Bloque, “porque cando gobernamos hai transparencia e igualdade, poñemos ás persoas no centro, aportamos dinamismo económico e social, defendemos servizos públicos de calidade, o noso territorio e unha Galicia de futuro”, explicou. Con ese aval, Pontón expresou o seu convencemento de que o BNG dará “un gran salto adiante” o 23M, que será a forza que máis medre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fútbol | Primera Federación
El Fortuna inicia la eliminatoria con el Europa el domingo fuera
Balonmano | Copa Europea
Once años y 27 eliminatorias después, llegó el ansiado título