O BNG, coa candidatura de Pedro Pereira en O Porriño: "Imos por todas"

Unha lista liderada por Pedro Pereira mistura xente nova e persoas con experiencia con experiencia en cargos de responsabilidade

Publicado: 09 may 2023 - 10:43

Pedro Pereira con los componentes de la lista de BNG Porriño para el 28M.
Pedro Pereira con los componentes de la lista de BNG Porriño para el 28M.

Pedro Pereira encabeza a candidatura do BNG para gobernar O Porriño a partir do 28 de maio. Persoas preparadas e comprometidas; un equipo con formación, bagaxe profesional e introducido no tecido asociativo, con capacidade para proxectar e liderar O Porriño do futuro: “Imosdar o mellor de nós para construír ese Porriño en grande co que soñamos”. “Defendemos un Concello transparente", que funcione e que non se malgasten recursos; apostamos polo público e queremos igualdade real, un Concello que blinde as políticas sociais para garantir dereitos. “Temos que seguir avanzando na recuperación de espazos públicos, tamén nas parroquias e nos barrios, e impulsar novas zonas peonís para convivir e dinamizar o comercio local”. O BNG, ten demostrado no Porriño coherencia, solvencia, rigor e capacidade de goberno, con ideas claras e vontade de sumar. "E queremos recuperar a ilusión pola política e acoller o voto desencantado cos comportamentos irresponsables que facilitaron a chegada ao goberno do PP”. “Imos a por todas e non nos poñemos límites”. Con toda a humildade, mais tamén coa confianza e o orgullo de sabermos que os grandes avances no Porriño foron da man do BNG, se “somos quen de liderar o goberno, sempre vai ser máis transformador, con máis impulso e máis avances: Canto máis BNG haxa, mellor lle irá ao Porriño”.

O candidato á Alcaldía, Pedro Pereira, leva en postos de saída a xente nova e recupera persoas con experiencia: Miriam Martínez Troncoso (2), Budiño. Traballadora social, empregada pública da Administración Xeral do Estado, concelleira no goberno local de 2007 a 2010. Marcelo Rodríguez Acosta (3), profesional de educación ambiental e filólogo, formou parte do goberno de 2005 a 2010. Mónica Bugarín, Atios (4), diplomada en Ciencias Empresariais e funcionaria da Xunta. Ana Bastos (5), Torneiros, profesora de secundaria, ex concelleira. César Louriso (6), do barrio de San Bieito. Traballador sector alimentación; e Soraya Domínguez (7), Pontellas, voceira da Marcha Mundial das Mulleres na Louriña.

Contenido patrocinado

stats