Alumnos de institutos de Redondela e Porriño gañan a Olimpíada Informática Galega 2026

Educación

David Lago, do IES Pedro Floriani de Redondela, e Nicolás Freiría, do IES Ribeira de Louro do Porriño recibiron 400 e 300 euros, respectivamente, e participarán na XXX Olimpíada Informática Española

Todos os gañadores na Olimpíada Informática Galega 2026.
Todos os gañadores na Olimpíada Informática Galega 2026. | Cedida

David Lago Alonso, do IES Pedro Floriani de Redondela, e Nicolás Freiría Casal, do IES Ribeira de Louro do Porriño, foron os gañadores da Olimpíada Informática Galega 2026 (OIG 2026) que se celebrou o domingo na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC).

No certame participaron unha trintena de estudantes de educación secundaria, bacharelato e formación profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes de nove centros educativos e residentes na Coruña (1 participante), Sada (1), Oleiros (2), Ferrol (1), Santiago de Compostela (15), Ames (4), Teo (2), Rianxo (1), Vilagarcía de Arousa (1), Marín (1), O Porriño (1), Redondela (1) e O Barco de Valdeorras (1).

Premios

  • 1º clasificado: David Lago Alonso, estudante de 2° Bacharelato no IES Pedro Floriani de Redondela. 400 euros e asistencia á XXX Olimpíada Informática Española.
  • 2º clasificado: Nicolás Freiría Casal, estudante de 2° Bacharelato no IES Ribeira de Louro do Porriño. 300 euros e asistencia á XXX Olimpíada Informática Española.
  • 3º clasificado: Tirso Nieto Senatore (de Teo), estudante de 1° Bacharelato no CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 250 euros.
  • 4º clasificado: Antón Castro Dorribo, estudante de 2° Bacharelato no CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 200 euros.
  • 5º clasificado: Breixo Vidal Salgueiro, estudante de 1° Bacharelato no IES Illa de Tambo de Marín. 200 euros.
  • Mellor participante feminina: Antía Paradela Casal, estudante de 1° Bacharelato no CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 150 euros.
  • Mellores participantes da ESO: Andrés Covelo Franco, estudante de 4° da ESO no CPR Manuel Peleteiro de Santiago (150 euros) e Jaime Daniel Moar Fernández, estudante de 3° da ESO do CPR Ayala de Narón (150 euros).

Os dous primeiros clasificados na OIG 2026 acceden de xeito directo á fase nacional da XXX Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 10 ao 12 de abril de 2026 na Escola de Enxeñaría Informática da Universidade de Valladolid. De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará do 9 ao 16 agosto en Uzbekistán.

Contenido patrocinado

stats