Celta 0 - 0 Levante
Directo | El partido entre Celta y Levante, minuto a minuto
Mundial 2030
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou onte que vén de remitir novas cartas aos presidentes da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e da Deputación de Pontevedra, Luis López, nas que reclama unha reunión urxente entre as tres administracións para abordar a proposta de convenio presentada polo Concello hai dúas semanas para a candidatura de Vigo ao Mundial 2030. O alcalde insiste en que o proxecto técnico e os prazos de execución avanzan e sitúa o acordo sobre o financiamento como a cuestión pendente para completar as garantías da candidatura.
O rexedor considera que a resposta dada pola Xunta, ademáis de non entrar na devandita reunión, non é positiva para acadar un acordo. Nela, o goberno autonómico propuña que entre na financiación coma unha parte máis o goberno central. Onte, o Concello vigués asegurou que o convenio enviado “contempla que, no caso de que o Goberno de España decidise posteriormente participar no financiamento das obras dos estadios, esa achega permitiría reducir proporcionalmente as cantidades correspondentes ás tres administracións” apuntadas.
Caballero lamenta que non haxa resposta a súa idea da reunión: “Nin un nin outro fixan datas para a reunión que eu pido". E insiste en que sexa “ó máximo nivel. Cada un pode vir acompañado de quen queira, pero ten que ser o presidente da Xunta, o presidente da Deputación e o alcalde de Vigo”. E remata pedindo celeridade: “Úrxolles a reunión. As cousas fanse e arránxanse reunidos e falando”.
Tras este requerimento, a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, reiterou a necesidade de dispor de máis información. “Si los proyectos y los plazos para ser sede del Mundial están garantizados, ¿por qué no los hace públicos? ¿Por qué se los oculta a la ciudad? ¿Los van a conocer antes los emisarios de la FIFA que los vigueses?”, señaló. Además, criticou unha suposta falta de liderado do alcalde. “Al final, se comprueba que Abel Caballero exige compromisos, pero no asume ninguno. Da la impresión de que el alcalde no lidera su candidatura, sino que necesita que la Diputación y la Xunta se la salven. Señor Caballero, queremos avanzar. ¿Por qué no le presenta todo eso que dice tener tan avanzado a quien quiere que lo pague?", remachou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar