Caballero afea a Louzán que a FIFA non visite Vigo

O alcalde califica de “esperpéntico” que a ciudade non figure entre as sedes a inspeccionar malia contar co estadio reformado

O alcalde, Abel Caballero, diante do estadio de Balaídos.
O alcalde, Abel Caballero, diante do estadio de Balaídos. | Atlántico

Abel Caballero, alcalde de Vigo, cualificou onte de “esperpéntico” que o presidente da Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán, confirmase que a principios do mes de marzo os técnicos da FIFA visitarán as sedes seleccionadas para o Mundial 2030 sen ter en conta a Vigo. “Traerá á FIFA a visitar 10 sedes cando España ten 11 concedidas”, dixo. “A Vigo non o van visitar porque Louzán non lle enviou o nome da cidade” o que cualificou como “un ataque frontal contra Vigo”.

Caballero tamén explicou que “o presidente da Xunta quere que sexa Coruña. E se non é Coruña, Vigo tampouco”. O rexidor repasou pormenorizadamente as entidades públicas que financiaron as reformas de cada estadio elexido, dando conta de que, segundo os seus datos, en ningún entrou o goberno central, como pediu o PP de Vigo. “Esa estratexia de ir contra Vigo xa a rebentamos dende a cidade”, asegurou antes de lembrar que o luns reunirase “coa ministra de Deportes do Goberno de España” para trasladarlle a situación.

Contenido patrocinado

stats