Abel Caballero fixa a obra do colector de Tribuna para maio
O alcalde cifra a actuación en máis de 3 millóns de euros e reclama financiación compartida á Xunta e á Diputación
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou onte nun audio enviado ós medios de comunicación que o Concello comenzará en maio as obras para trasladar os colectores que permitirán a ampliación da grada de Tribuna do estadio de Balaídos. "Estamos a punto de aprobar o proxecto para desprazar os colectores e a obra arrinca no vindeiro mes de maio”, desvelou o rexidor, explicando que a actuación supera os 3 millóns de euros e lembrando que é un requisito previo para poder executar posteriormente a ampliación de Tribuna, precisa para acoller partidos do Mundial 2030.
Neste punto, o alcalde quixo recordar que xa remitiu unha misiva “á Deputación e á Xunta” para que cada administración financie un terzo. O rexedor aproveitou para repasar todas as actuacións realizadas nos últimos tempos, explicando que o Concello xa enviou o proxecto básico da grada de Tribuna á Federación Española con 43.000 espectadores en Balaídos: "En setembro de 2025, deuse a coñecer o novo perímetro do campo e, en outubro, confirmouse que sería unha grada corrida”. Caballero proseguiu explicando que a principios de febreiro enviouse o estudo de inundabilidade a Augas de Galicia e adiantou que "xa temos a súa autorización”. Na súa intervención, resaltou que “iso é o proxecto”. Finalmente, destacou que “o campo quedará despois para o Celta con máis de 40.000 espectadores e poderá albergar concertos”.
Pola súa banda, Luisa Sánchez, presidenta do Partido Popular en Vigo, sinalou que o alcalde “se llama mentiroso a sí mismo” porque o de que “no hay proxecto de execución para ampliar Tribuna o para mover los colectores lo reconoció él. Y por eso no ha enviado aún nada ni a la Diputación ni a la Xunta. Porque no tiene nada que enviar. Pero que no se preocupe. En cuanto mande un proxecto de execución, lo analizaremos con rapidez".
Contenido patrocinado
También te puede interesar