Atlántico
23-F. La sombra persiste
A miña nai sofre dunha doenza crónica que afecta gravemente a súa calidade de vida e que, segundo os médicos e o diagnóstico, só ten unha solución: a cirurxía. Con todo, e a pesar de que a súa dor é diaria e incapacitante, leva meses atrapada nunha interminable lista de espera do Servizo Galego de Saúde. Esta situación están sufrila moitas máis persoas. Aliviar a dor dunha persoa que acude desesperada con medicamentos que soamente calman momentaneamente a dor, paréceme unha broma, cando a solución é a unha operación.
A sanidade pública galega, da que tantos nos sentimos orgullosos, sobre todo polo seu persol altamennte capacitado, atópase nun estado burocrático e de administración altamente preocupante. A falta de recursos e persoal e de planificación no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, está a provocar que moitos pacientes, como a miña nai, vexan as súas vidas condicionadas pola dor e a desesperación. Mentres tanto, o tempo pasa e a súa situación empeora, sen que poida recibir o tratamento que precisa con urxencia.
É inaceptable que, nun sistema que debería garantir o dereito á saúde, hai persoas que se obrigadas a padecer sufrimento innecesario por mor dunha xestión deficiente. As autoridades sanitarias galegas, encabezadas polo conselleiro de Sanidade, deben dar unha resposta inmediata a esta crise, reducindo as listas de espera e garantindo unha atención digna para todos os cidadáns.
Cal é a solución? A sanidade privada? A autocrítica? A solución é darlle o servizo necesario ás persoa que o necesiten, e deixarse de dar números que non son realidade.
Gabriel Lezcano. (Vigo)
Contenido patrocinado
También te puede interesar