Atlántico
En la caza de jabalíes, la Xunta de Galicia no cumple
Nos últimos tempos parece que se puxo de moda repetir consignas como “ruralízate” ou “vaise vivir ao rural”, coma se o rural fose unha especie de refuxio ideal no que desaparecer, non coñecer a ninguén e vivir alleo a todo. Moitas destas mensaxes soan ben, pero agochan un profundo descoñecemento do que é realmente a vida no rural galego.
Na aldea non existe o anonimato. Cando alguén chega, o veciñado sabe axiña a quen lle mercou a casa, de que familia vén, en que traballa ou se está no paro. Non é intromisión: é comunidade. É unha forma de vida baseada na proximidade, na relación constante e nunha rede social que non se pode apagar nin poñer en modo silencio.
Cómpre lembrar tamén que coa pandemia da COVID-19 se incrementou notablemente a venda de vivendas no rural. Moita xente da cidade decidiu mercar casas en aldeas buscando espazo, tranquilidade ou unha idea idealizada de liberdade. Porén, pasado o tempo, moitas desas mesmas persoas están agora a volver poñer esas vivendas á venda, ao decatarse de que non son capaces de adaptarse a unha forma de vida que nunca foi a súa. Porque non todo o mundo é persoa de rural, nin o foi nunca, por moito que a etiqueta estea de moda.
Dá a impresión de que hai xente da cidade que intenta “ruralizarse” á forza, como se o rural fose simplemente un escenario máis barato, máis verde e máis tranquilo no que seguir vivindo como sempre, pero sen veciños molestos. E iso, na maioría dos casos, non funciona. O rural galego non é unha versión alternativa da cidade nin unha moda para subir a redes sociais: é unha realidade con memoria, normas propias e vínculos que esixen implicación.
Cando quen chega non entende isto e pretende vivir no rural coa mesma lóxica urbana, o choque é inevitable. Non porque o rural sexa pechado, senón porque non se pode habitar un lugar sen comprendelo nin respectalo.
Quizais antes de dicir tan á lixeira “ruralízate”, convendría preguntarse se realmente se sabe o que iso significa.
Marta Cruces Pintos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar