Rondallas

Publicado: 13 dic 2025 - 01:50

O xoves día 11 de decembro tiven a gran oportunidade de ver en directo a marabillosa actuación da “Rondalla Gran Sol” na praza Elíptica, e a continuación tamén fun espectadora da estrea da película “Rondallas” de Daniel Sánchez Arévalo (director de entre outras, da excelente “Azul oscuro casi negro”), onde actúa a mencionada agrupación musical folclórica tradicional.

É unha película impregnada de cultura popular, que emociona e divirte, pero sinto dicir que para min foi unha gran decepción, non pode ser que sendo unha obra rodada en Galicia, con actrices e actores galegos, se desenvolva integramente en castelán. Non é crible e rechía moito que as mariscadoras, os pescadores, etc. falen en español. Pareceume un desprezo cara a nosa cultura, que inclúe a nosa propia lingua. Nin sequera por parte da Consellería de Cultura ou a quen corresponda, tiveron a sensibilidade de facer polo menos unha copia en galego para presentar na nosa comunidade, cos bos actores e actrices de dobraxe que temos...e que ademais non precisabamos. Unha mágoa!

Conchi Prexigueiro Gómez.

Contenido patrocinado

stats