a permisividade coa xuventude

A sociedade actual comenza a preguntarse se a nosa xuventude non terá demasiada permisividade a raíz do acontecido en Madrid na macro festa do Madrid-Arena, cando perderon a vida varias rapazas na noite de Tódolos Santos, agora tamén chamada de Halloween ou do Samaín, por iso das modas importadas, nas que coma se outro carnaval fose, a xente sae á rúa disfrazada e asiste a espectáculos variados.

Xan C. Fernández..

Publicado: 08 dic 2012 - 07:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:46

Xa comenza a parecer normal que adolescentes anden soltos polas rúas ás altas horas da mañanciña con alto grado de alcohol no corpo, moitos deles ingresan con comas etílicos, e teñan igualmente acceso a locales e eventos que terían que estar reservados exclusivamente para maiores. As consecuencias de tódolos excesos están á vista.

Contenido patrocinado

stats