Atlántico
Me alegro por ellos
Son un veciño de Valadares, en Vigo, xubilado e que teño a miña esposa baixo o meu coidado, pois padece unha enfermidade neurodexenerativa e precisa estar atendida as 24 horas.
O caso é que vai agora pa máis de dous anos, que sentín un problema articular no ombreiro dereito, que segue sen ser resolto dende entón. Pasei por varios profesionais sanitarios comezando por médico de atenció primaria, seguindo por médico rehabilitador e fisioterapeutas. As probas realizadas foron unha radiografía e unha ecografía, e como tratamento realizáronme sesións de fisioterapia e ondas de choque, todo isto acompañado por abundante medicación oral. Agora atópome agardando pola cita co médico rehabilitador dende que rematei as ondas de choque (14/07/2025) para ver resultados e outros tratamentos posibles. Pola demora en toda esta traxectoria presentáronse queixas fronte ó valedor do paciente no Sergas e na valedora do pobo sen solución algunha.
Por mor da invalidez que me xera o ombreiro teño dificultades nos demais ámbitos da miña vida, así como a atención da miña muller dependente e as miñas actividades da vida diaria, básicas e instrumentais. Por este motivo dou a coñecer esta situación, pois estimo que dous anos é un tempo máis que suficente para resolver un problema de saúde destas características, namentres que no Sergas semellan non ser competentes para ilo, abocándonos a un gasto insostible en coidadores ou a ter que mudarnos a unha residencia da 3ª idade, cando aínda nos vemos con folgos para manternos a nos mesmos.
Juan Bautista Fernández Pérez. (Valadares)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último