Atlántico
Gaza: ¿Olvidada?
Despois de escoitar auténticas barrabasadas por parte dalgúns que perderon o sentido común e aínda non se deron conta de que esa non é a forma de actuar dos que tiñan que dar exemplo ao pobo, hai que saber perder, -como dicía o famoso Epi, a Blas:“non todo pode saír ben”-.
Na miña molesta opinión, espérannos tempos convulsos, tanto porque teremos un goberno débil e vai estar moi limitado á hora de tomar grandes decisións sobre todo por ERC e Bildu, e obviamente despois de ver o sucedido durante o debate de investidura, a oposición será implacable, repetirá ata a saciedade o mesmo. Casado fracasou, non hai máis que ver a última enquisa, e os votos que perda irán a Vox; en fin está claro que non dá para máis.
Non quero acabar este pequeno artigo sen nomear a Dolors Bassa, que lle dixo a Sánchez: “Impórtame un comiño a gobernabilidade de España”, sinceramente creo que está fóra de lugar, xa que se non hai un goberno un pouco estable, apaga e vamos, e se de verdade impórtalle un comiño daralle igual non cobrar a fin de mes?, ou prefire un goberno de dereitas? Miúda mala leite que ten a señora esta, como dicimos por aquí, parece que todo o mundo débelle e ninguén lle paga.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último