Atlántico
La tauromaquia: una vergüenza moral
O pasado 4 de xuño tivo lugar o partido de fútbol amigable entre as seleccións de España e Iraq no estadio coruñés e de novo a confusión premeditada e o engano intencionado aconteceron ante a ollada atónita do público asistente, xusto antes do partido.
A Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense, dirixida por Xosé Lois Foxo, inventor e protagonista desta modalidade de agrupación pseudo-galega que copia e imita ás bandas de gaitas escocesas, puxo o toque musical ao comezo, enchendo de marcialidade doutras terras a interpretación do himno nacional.
A polémica de financiar con cartos públicos un invento que desacredita e desvirtúa a música tradicional galega é ben coñecida dende hai xa anos, dando unha imaxe errónea da música feita en Galicia. Numerosas novas e comentarios de medios de comunicación locais, autonómicos, estatais e internacionais son un claro exemplo da desinformación existente no tocante a este tema, xa que o Colectivo en Defensa da Gaita (CDG), creado exclusivamente para informar á opinión pública sobre este tema, non pode deixar pasar as graves afirmacións vertidas ao respecto. Dicir que esta banda nos representa é como dicir que o gazpacho é galego e típico da nosa gastronomía. Empregar bastóns de mando militares, gaitas marciais (para nós marcianas, instrumentos híbridos copiados das gaitas escocesas coa disposición dos roncos cambiada cara arriba), percusións de alta tensión e estética marcial poden ser de todo menos de aquí. A Federación Española de Fútbol recurriu, intencionadamente ou non, a algo que non nos representa e que, polo tanto, sobra en eventos deportivos coma este, xa que se difunde unha imaxe irreal da nosa tradición musical.
Este colectivo pon a disposición de organizadores de eventos similares unha listaxe de bandas (que xa existe na nosa web e redes sociais) da que, sen dúbida, podemos sentirnos orgullosos, sen que se teña que recurrir a copias malfeitas que non aportan nada. Simplemente pedimos o respecto que outros non teñen.
Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)
Contenido patrocinado
También te puede interesar