ATA CANDO SEGUIRÁN AS FESTAS ILEGAIS?

Publicado: 19 mar 2021 - 20:31

Tódolos días séguense celebrando centos de festas ilegais, non só as fins de semana, ante a pasividade dos nosos dirixentes. É máis, mesmo chegan do estranxeiro centos de “turistas”, sobre todo á Comunidade madrileña, onde campan ás súas anchas e sen problema presumen de vir a España só para iso. Este é o turismo que de verdade queren algúns dirixentes que o antepoñen á economía e á saúde de todos?

Mal imos así. É necesario que se tomen medidas contra esta lacra, xa que mentres uns cumprimos coas medidas que tanto o Goberno como as comunidades nos impoñen, outros pasan de todo e encima rinse das multas que a policía lles impón. Imaxino que os estranxeiros non as pagarán, do mesmo xeito que os menores de idade e outros serán insolventes. Xa se sabe, uns fan a lei pero outros fan a trampa.

O Goberno debe poñer sancións exemplares a está banda de irresponsables que está a xogar coa saúde de todos e que trae tola ás forzas de seguridade do Estado, que ao final pasan centos de horas desmontando as mesmas para nada. Agora a cousa é máis grave que nunca, xa qué as mesmas afectan a todo o país.

Solución xa, ou isto será o conto de nunca acabar.

Contenido patrocinado

stats