Alcoa, a loita continúa

Publicado: 01 oct 2021 - 22:07

Parece que o Goberno central esqueceuse de esta empresa que leva xa máis de 60 anos instalada en San Cibrao e é a última empresa da multinacional estadounidense que queda no noso país. Ao parecer, a ministra Reyes Maroto deixou esquecido nun caixón do Ministerio de Industria todo o relacionado con ela. A única solución que queda aos traballadores/as é o que xa están a facer: a folga indefinida.

Outra empresa que pode desaparecer da comarca da Mariña. A pesar das negociacións coa empresa, estas non tiveron un bo final. Quizais a tremenda subida da tarifa eléctrica haxa posto aínda máis dificultades na posible venda da mesma.

Sexa como sexa, a loita seguira nas rúas para tentar salvar está empresa que é fundamental para centos de persoas na Mariña lucense, xa que a propiedade non está polo labor de vender, a pesar que cara a galería diga outras cousas.

Alcoa segue agardando a resolución do Tribunal Supremo, posto que o Tribunal Superior galego anulara o ERE co que pretendía despedir a uns 600 traballadores.

O máis patético é que a empresa non quere vender e o Goberno non se quere mollar. Algo cheira mal. Se finalmente pecha Alcoa, o trompazo para a economía da Mariña lucense será tremendo, xa que non só afecta aos traballadores da empresa, senón tamén a tódalas familias e pequenos negocios da zona.

Contenido patrocinado

stats