XORNAL ESCOLAR

Protocolo para a atención ao alumnado con discapacidad educativa

Servirá como guía para a posta en marcha de medidas de intervención educativas que garantan a  inclusión plena e o éxito escolar do alumnado con esta discapacidade nos centros públicos galegos.

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, presentou, dentro do marco das actuacións destinadas a adecuar a resposta educativa á diversidade e o fomento da inclusión.
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, presentou, dentro do marco das actuacións destinadas a adecuar a resposta educativa á diversidade e o fomento da inclusión.
Protocolo para a atención ao alumnado con discapacidad educativa

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentou, dentro do marco das actuacións destinadas a adecuar a resposta educativa á diversidade e o fomento da inclusión educativa,  o Protocolo para a Atención Educativa ao Alumnado con Discapacidade Auditiva. Trátase dun recurso que vai contribuír á consecución dun sistema educativo de calidade, inclusivo e equitativo e que estará a disposición de todos os centros e familias para funcionar como guía de apoio para este alumnado.

No marco dos Encontros de atención á diversidade desde os departamentos de orientación e os equipos de orientación específicos, a conselleira explicou que tanto este documento como todos os protocolos que se veñen elaborando dende o departamento para a atención á diversidade “contribúen á construción dun clima escolar positivo e respectuoso, necesario para promover unha orientación educativa de calidade e camiñar, en definitiva, cara ao éxito escolar”. Neste sentido, Pomar salientou que o protocolo pretende afondar “na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de educación axeitadas, se estimulan as súas capacidades e responsabilidades sociais e se traballa en colaboración coas familias e con outros membros da comunidade educativa”. “Todo este esforzo é o que converte o sistema educativo galego no máis inclusivo de España”, afirmou. A elaboración do protocolo contou coa participación de profesionais da orientación educativa, como son os Departamentos de Orientación de centros educativos e persoas especialistas dos Equipos de Orientación Específico, especialistas de audición e linguaxe, técnicos da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e as asesorías técnicas docentes da Consellería.

Espírito e conceptos
O documento articúlase en nove epígrafes, comezando pola introdución, na que se especifica o contexto da súa elaboración. Síguelle a descrición dos principios reitores sobre os que se asenta o protocolo, en concreto a inclusión educativa, o deseño universal, a accesibilidade e a eliminación de barreiras de comunicación. A epígrafe terceira define conceptos clave para comprender a perda auditiva, para axudar a detectala e para poder  planificar a intervención educativa. Nela abórdanse conceptos como o de audición, discapacidade auditiva, audiometría, axudas audioprotésicas (audiófono, implante coclear, implante osteointegrado), lingua de signos, alfabeto dactilolóxico, comunicación bimodal, lectura labial e palabra complementada.

Detección e intervención
Pola súa parte a cuarta epígrafe refírese ao diagnóstico e ao proceso de detección da perda auditiva.Deste xeito, e aínda que confirmar unha discapacidade auditiva será sempre competencia dos servizos médicos, o protocolo contempla indicadores que poden servir como guía a docentes e familia para detectar unha posible perda de audición.