xornal escolar

Homenaxe a Wangari Maathai o Día da Paz na Escola Monte do Alba

2020021409481414333
photo_camera Para comprender quen era Wangari, escoitaron o conto “Wangari e as árbores da paz”
Este ano na Escola Infantil Monte do Alba celebraron o Día da Paz recordando  a Wangari Maathai,  activista keniana, que foi a primeira muller en recibir o Nobel da Paz, pola súa contribución ó desenvolvemento sostible, á democracia e á paz.
 Para comprender quen era Wangari e o seu labor, escoitaron o conto “Wangari e as árbores da paz”, aprenderon que a guerra acabou coas árbores, a desaparición das árbores trouxo a desertización e a miseria. Wangari co seu movemento “Cinturón verde” plantou árbores que sandaron o seu país e deu traballo e salario ás mulleres facéndoas protagonistas do proceso de paz. Seguindo o seu exemplo, os nenos puxeron terra e plantaron nun tarro unha pequena semente,  no seu caso unha faba. Todo cunha  bonita etiqueta conmemorativa co nome de Wangari na que os nenos escribiron o seu nome e o nome da semente. Una actividad na  que coidando as plantas aprenderon a coidar o mundo.

Te puede interesar