Compromiso de Educación co proxecto E-Dixgal nos centros
Ao abeiro deste programa, arredor de 6.000 alumnas e alumnos terán os libros de texto gratuítos no ordenador Abalar do que fan uso nos seus colexios. O importe adxudicado as asociacións de pais e nais supera en case 3.000 euros ao previsto inicialmente
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta no acto de benvida ao E-Dixgal aos centros que se incorporan neste curso 2015/2016 a este proxecto de contidos curriculares dixitais. Neste acto, no que estivo acompañado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; salientou o compromiso da Xunta de Galicia cos retos que o ensino plantexa na era dixital e que supoñen, ao tempo, unha oportunidade para o cambio nas metodoloxías. Neste sentido, sinalou o E-Dixgal como unha ferramenta única a prol da equidade e do peche da brecha dixital, dado que no proxecto participan tanto centros rurais como urbanos.
O conselleiro sinalou que en tan só dous cursos se implicaron nesta iniciativa 104 centros educativos de toda Galicia. Ademais, 5 centros decidiron este curso ampliar a súa participación, pasando de contar co E-Dixgal só en primaria a solicitalo tamén para a etapa de secundaria. Así as cousas, o previsto é que neste vindeiro curso os materiais dixitais, que son totalmente gratuítos para as familias, cheguen a uns 6.000 alumnos e alumnas de 5ºe 6º de Educación Primaria e 1º de ESO. “Agardamos que o proxecto siga crecendo nos próximos anos ata uns 22.500 alumnos”, sinalou Román Rodríguez. Cómpre lembrar, así mesmo, que un dos requisitos fundamentais para poder participar nesta iniciativa é pertencer á rede de centros Abalar, a estratexia desenvolvida polo Goberno galego para a dixitalización das aulas. Catro anos despois da súa posta en marcha, Abalar posibilitou xa que 52.000 alumnos de 531 centros estuden en aulas dixitais; e está xa en marcha a dixitalización do total das do alumnado dos 6 últimos cursos do ensino obrigatorio en centros públicos (5º e 6º Primaria e toda a ESO).
A implicación do profesorado
O conselleiro salientou a implicación do profesorado, imprescindible para o éxito destas iniciativas de dixitalización das aulas galegas, así como a súa contribución ao crecemento e enriquecemento do Repositorio de contidos Abalar. Así mesmo, salientou que a creación de redes de profesorado que intercambian boas prácticas, experiencia e materiais permite a oportunidade de escalar na mellora do proceso ensino-aprendizaxe. Neste sentido, agradeceu o esforzo de docentes e equipos directivos, tanto na tarefa de formarse como na de transmitir estas novas competencias dixitais aos estudantes, e púxose á súa disposición para prestarlles o apoio necesario ao longo das distintas fases do proxecto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas