Xornal Escolar

O Colexio Canicouva cumpre medio século de historia en Vigo

O alcalde, Abel Caballero, e o director do centro, Ramón Méndez, nun acto do programa de celebracións.
photo_camera O alcalde, Abel Caballero, e o director do centro, Ramón Méndez, nun acto do programa de celebracións.

Este centro educativo abríu as súas aulas en plena febre da carreira espacial por chegra á lúa, un ano antes de que Neil Armstrong  puxese o seu pé na lúa. Por iso foi bautizado na súa inauguración con nombe de "Apolo 11".
Por iso foi bautizado como "Apolo 11".

O Colexio Canicouva de Vigo abríu as súas aulas en plena febre da carreira espacial por chegar á lúa, un ano antes de que Neil Armstrong puxese o seu pé na lúa. Por iso é polo que o primeiro nome co que foi bautizado o colexio Canicouva, en 1968 fose "Apolo 11". Neste curso, cunha celebración con todos os seus alumnos, o colexio iniciou os actos de conmemoración do seu medio século de historia. Motas cousas han variano nestes anos, o seú director Ramón Méndez calcula que é o colexio que máis creceu en matrícula nos anos da crise, ao pasar dos 218 alumnos de fai sete cursos aos 301 actuais, un 41% máis grazas as actividades realizadas dende o centro educayivo nesa liña.
Un pouco de historia
Chegou este centro, enclavado nunha idílica zona de Vigo, ao carón do Parque de Castrelos, ter distintas denominacións ao longo dos 50 anos de existencia. Desde aquel Apollo 11, pasando por Colexio Comarcal de Castrelos, Colexio Público Pereiró Castrelos, CEIP Canicouva -Pereiró ata o actual CEIP A Canicouva, e é posible que non pare aí, xa que tamén na súa denominación quere poñerse ao día co paso do tempo.
Referente na zona
Foi no pasado e sigue sendo na actualidade, unha referencia da zona de Castrelos e Pereiró, aínda que na actualidade recibe a maior parte do alumnado das Avenidas de. Castrelos, Portanet e Balaídos e de outras zonas máis distantes. Un colexio público apoiado nese ambente familiar e dinámico que definiu e define esta parte de Vigo desde os anos 60. A expansión demográfico fixo que se proxectase a súa construción neste idílico enclave sendo hoxe considerado un colexio punteiro.
Moito foi mudando a súa faciana ata presentar a que hoxe exhibe. Da adustez e rixidez do seu nacemento foi amosando a súa coqueta faciana, remozándose cada pouco tanto a nivel físico como académico, e cun aspecto chamativo e acolledor co que hoxe recibe a quen ata el se achega, coa significativa frase   “O teu Cole”.
Tales modificacións tanto da Administración Autonómica como Local quedan ben patentes cos cerramentos, accesos, cuberta, ventanais, (2012-2015), baños (2017), ademais do remodelamento interno e amplización de comezos dos noventa, entre outros configuran ao seu actual e necesio aspecto.

Te puede interesar